INFANTIL

PINCHA NA IMAXE PARA ESCOITAR ESTE CONTO MUSICADO QUE TRABALLA VALORES COMO A AMIZADE, A EMPATÍA OU A GRATITUDE

VALENTINA E A LÚA

A amizade engloba moitos outros valores, como o da empatía e por suposto, o da xenerosidade ou a gratitude:

Sentir o que outros senten é unha virtude: Valentina sentiu un fondo pesar ao ver que a súa amiga a lúa estaba soa. E sentiu esa mesma soidade no seu corazón, un sentimento ao que chamamos empatía. A empatía non só fainos máis humanos, senón mellores e por suposto, máis felices, porque a empatía móvenos a ser xenerosos, a buscar solucións e sobre todo, a axudar a quen o necesita. Fainos útiles e consegue cousas asombrosas. A amizade moveu a Valentina a sentir empatía e esta empatía, a buscar a forma de axudar á súa amiga.


Todos sentimos ira algunha vez: a ira é unha emoción básica esencial, que todos sentimos. Non é malo sentir rabia, pero si debemos aprender a xestionar esta emoción para que non chegue a dominarnos. Os nenos, que non saben moi ben por que senten así, poden aprender a xestionar esta emoción coa nosa axuda.

Como desfacerse da ira?. Quizais se escoitas o conto da TARTARUGA MANUELITA poderás aplicar os seus sabios consellos e SENTIRTE MELLOR!!

CANDO VEXAS QUE A RABIA SUBE PODES APLICAR O TRUCO DA TARTARUGA MANUELITA!!!


Begoña Ibarrola ten un montón de contos para sentir e pensar. Neste momento se entrades neste enlace podedes descargar de forma gratuita moitos deles que se poden aproveitar para LER EN FAMILIA:

https://www.amazon.es/s?k=begoña+ibarrola+PAISANDU&__mk_es_ES=ÅMÅŽÕÑ&ref=nb_sb_noss


ROMPECABEZAS PARA FACER EN LIÑA

XOGOS PARA 5 ANOS

XOGOS PARA 4 ANOS

XOGOS PARA 3 ANOS