Search this site
Embedded Files
OrientaCarral
  • O noso centro
    • 1º de ESO
    • 2º de ESO
    • 3º de ESO
    • 4º de ESO
  • Despois da ESO, que?
    • O bacharelato
    • A formación profesional
    • Ensinanzas de réxime especial
    • A universidade
OrientaCarral

O bacharelato A formación profesional

Elección das optativas en 3º

Aínda que moi limitada, a optatividade é unha ocasión para reflexionar sobre os teus intereses.

A segunda lingua estranxeira, obrigatoria en 1º e 2º, pode escollerse agora: si decides escollela, terás a posibilidade de estudala tamén en 4º como optativa (a primeira lingua escollida en 1º o segue sendo durante toda a ESO) dando continuidade ao estudo desa lingua.

Cultura clásica é unha materia que te aproximará á cultura antiga dos gregos e dos romanos: os seus deuses, costumes, leis, etc. Esta materia te permitirá coñecer culturas que formaron o fundamento de moitos elementos das sociedades occidentais. Para saber algo máis sobre esta asignatura preme no seguinte enlace: Por qué elegir Cultura Clásica en 3º . Cultura clásica so se pode cursar en 3º.

Matemáticas

En Matemáticas ofrécese a posibilidade de elixir entre dúas opcións:

  • Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas

  • Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas

¿Que diferencia hai entre elas?

En xeral, os contidos son os mesmos nas dúas (números decimais, racionais, operacións con fraccións, ecuacións de segundo grao, sistemas, sucesións, funcións, estatística e xeometría) a diferencia está na profundidade e extensión con que se tratan eses temas.

A opción que collas en 3º non condiciona o que podes escoller en 4º. Pero debes ter en conta que será máis difícil facer Matemáticas académicas si fas aplicadas en 3º.

Para escoller a opción de matemáticas tes que ter en conta que 4º de ESO está organizado en dous opcións: ensinanzas académicas e aplicadas. Preme aquí para ver como está organizado 4º.


Información sobre a páxina

orientacion.ies.carral@gmail.com

Google Sites
Report abuse
Page details
Page updated
Google Sites
Report abuse