Directora xeral: Lorena
Funcións: Desde o departamento de Física e Química facemos o mantenemento das portas que nos permiten desprazarnos polo tempo e encargámonos de dar cobertura a aquelas misións nas que os procesos físicos e/ou químicos son imprescindibles para a súa correcta resolución.
Directora xeral: Marga
Funcións: Desde o meu departamento, imos revisar as claves para poder comezar as misións. Intentaremos corrixir todos os erros ortográficos que podan existir nas diferentes formas de relacionarse entre os "ministéricos".
Directora xeral: Marisé
Funcións: Desde o departamento de Lingua e Literatura Galega trataremos de velar pola correcta expresión, oral e escrita, na comunicación entre os "ministéricos" e tamén procuraremos obter as claves para unha boa comprensión das súas misións e da información que manexen relacionada con elas.
Directora xeral: Inés
Neste departamento traballamos na cooperación internacional con axentes expertos en idiomas capaces de se infiltrar en calquera delegación que visite o noso país.
Directora xeral: Jaqueline
Director xeral: Xosé
Funcións: Dirección Xeral encargada de facer os cálculos e as contas matemáticas necesarias para deseñar correctamente os saltos no tempo, así como velar polo seu estrito cumprimento.
Director xeral: Martín
Funcións: Desde o departamento de Xeografía e Historia centraremos os nosos esforzos en coñecer rigorosamente o espazo e o tempo no que se desenvolven as nosas misións. O contexto é imprescindible para identificar os cambios e continuacións físicas e humanas existentes entre uns períodos e outros.
Directora xeral: Noemí
Funcións: Dende o departamento de Educación Física encargámonos de mantervos en forma tanto física como mentalmente, xa que as misións van requerir de moito esforzo e traballo e é imprescindible manterse en forma para o seu desenvolvemento.