1348

Rescatar a Isabel II

Antimonárquicos de principios do século XX infiltrados entre o persoal do Ministerio do Tempo, conseguen secuestrar á futura raíña de España, Isabel II con só 3 aniños de idade. Deciden escondela no século XIV, concretamente no ano 1348, cando a peste bubónica está a dezmar a poboación española. A súa intención é que a nena se contaxie e morra, non puidendo suceder ó seu pai no trono e facilitando o acceso dos republicanos ó goberno. Os bolseiros deben atopala antes de que esto ocorra; de non ser así, a historia moderna do noso país sufriría importantes modificacións con imprevisibles consecuencias.

Os bolseiros chegaron ó ano 1348 en busca da raíña secuestrada. Para comezar a pescuda centraron os seus esforzos nos principais edificios do momento, é dicir, as catedrais. Estas inmensas construcións góticas antóxanse do máis apropiadas para agochar a alguén nos seus adentros e por iso é fundamental para a misión coñecer a fondo estes preciosos legados da Idade Media da man da Direción Xeral de Xeografía e Historia.

E.O. xeografía e historia_Lía.pdf
Sociais- Esposicon Sociais Anxo.pdf
Presentación Paula.pdf
Presentación Samuel arte gotico.pdf
catedral de leon daniela ayerbe.pdf
Presentación Paula Roca.pdf
Catedral de Palma de Mallorca Aitor.pdf
prentacion Gabriel.pdf
Daniel Morandeira Amil Nº12 2º Eso B(1).pdf

Unha vez localizada á princesa, os bolseiros do Ministerio do Tempo deben traela á época actual e ocultala durante o tempo necesario ata que o perigo desapareza. Para iso, os nosos eficaces traballadores, fixeron un minucioso estudo da contorna da sede do Ministerio, na vila de Guitiriz, e propoñen unha variada coleción de posibles escondites xunto con varias rutas seguras para chegar desde o Ministerio.

O traballo minucioso e metódico dos bolseiros do Ministerio permitiu que a princesa Isabel puidese regresar sá e salva ó século XIX para que desenvolvemento dos acontecementos históricos prosigan o seu curso. Os protagonistas están máis que satisfeitos, pero a visita ó ano 1348 non os deixou impasibles e, á volta desta dura misión, fixeron unha serie de interesantes reflexións acerca das semellanzas e diferencias entre a peste que asolaba á sociedade nesa época, e a COVID que estamos a vivir na sociedade actual. Os bolseiros toman consciencia do importante que é coñecer o pasado para aprender dos erros e non repetilos no presente e futuro.

A peste negra e o coronavirus teñen varias cousas en común. Ambos teñen a súa orixe en China e ambos proveñen de animais (a peste de ratas e o CoV de morcegos) que contaxiaron persoas. Isto favoreceu que as persoas que viviron e viven estas pandemias actúen de xeito similar. Ambas pandemias se extenderon por todo o mundo debido á infuencia de viaxes de persoas e mercancías, pero todoo que se estendeu a Peste Negra durante anos, fíxoo o CoV en tan só uns meses. Tamén teñen síntomas en común como a febre elevada e a dor muscular. As dúas teñen unha alta taxa de mortalidade, e as dúas teñen un período de incubación duns 12-15 días, pero a peste podía chegar a matar ós 5 días e o CoV, no caso de presentar síntomas, móstranse ós 5 días (pero non mata tan axiña).

Anxo Miraz

A peste negra foi unha das enfermidades máis letais da historia. Sobre todo porque entrou nunha época de decadencia e pobreza, polo tanto, foi moito máis devastadora. E por suposto, xa que esta pandemia apareceu fai tanto tempo, a medicina estaba moitísimo menos avanzada e non había ningún tipo de cura. En cambio coa COVID-19, está afectando a todo o mundo, nalgúns países máis que noutros, pero, por sorte, a medicina está moi avanzada e a vacina para este virus descubriuse moi rápido grazas ós científicos de todo o mundo.

Teresa Lorenzo

Moitas das medidas que están tomando fronte a pandemia na actualidade tamén se tomaron neste período histórico, como as corentenas, os peches das cidades e a distancia social, así como a utilización de máscaras.

Gabriel Lorenzo e Daniel Morandeira

En moitos reinos os xudeus foron acusados de causar a pandemia envelenando as augas dos pozos, por iso foron perseguidos e expulsados de moitas cidades. Isto fainos pensar en que o coronavirus, do mesmo xeito que esperta a solidaridade coa xente, tamén esperta odios, fobias e racismo.

Paula Rodríguez