1969

Deter a sabotaxe

A misión Apolo XI leva por primeira vez ó ser humano á Lúa. O éxito foi para os Estadounidenses, algo que feriu profundamente o orgullo ruso na carreira espacial. Na actualidade, un grupo de terroristas rusos logran viaxar no tempo ata 1969 co obxectivo de sabotear a misión americana e favorecer así a misión rusa. Os bolseiros do Ministerio deben deter este ataque para que a historia non se vexa modificada.

Unha misión como esta require dunha excelente forma física, e por iso os/as bolseiros/as do Ministerio recibiron un curso que os preparou física e mentalmente (Mens sana in corpore sano) para enfrentarse ós terroristas rusos. No curso aprenderon estiramentos musculares, para non correr o risco de sufrir unha lesión muscular que os deixe fóra de xogo e lles poida custar incluso a vida.


A Dirección Xeral de Actividade Físico Deportiva brindaralles axuda para realizar ditos estiramentos correctamente.

MISIÓN 2 GUÍA DE ESTIRAMIENTOS.pdf

Por outra banda, antes de actuar, os bolseiros informáronse do que consistiu esta misión tan importante para humanidade, tanto dende o punto de vista científico, como social e político. Os nosos bolseiros elaboraron uns completísimos informes sobre a misión Apolo 11 baixo a supervisión da Sección de Galego da Xefatura de Idiomas.

_Misión_APOLO 11 .pdf
Apolo XI. Paula Rodríguez, 2ºB.pdf

Por encargo do Departamento de 'Temporal Foreing Affairs' os bolseiros empapáronse de historia e fixeron unha excelente crónica dos feitos acontecidos durante ese ano 1969 e da xira mundial que posteriormente realizaron os seus protagonistas dando conta da súa heroica fazaña.

Entre as accións levadas a cabo polos terroristas rusos para sabotear a misión espacial, foi a de roubar importante documentación relativa á mesma. Algúns deste documentos tiñan información sobre as propiedades de numerosos materiais que se empregan para a construcción de naves espaciais e traxes para astronautas.

O Departamento de Física e Química convoca ós bolseiros de novo para elaborar un novo informe de materiais para substituir o roubado e permitir que a misión Apolo XI se desenvolva con normalidade.