Antes de partir cara principios do século XX, os bolseiros recibiron unhas nocións básicas de epidemioloxía para aprender a diferenciar unha epidemia dunha pandemia. Foi a Dirección Xeral de Idiomas -Sección Francés- a responsable desta formación, que todos eles superaron con notable éxito.
Cando chegan a 1918, Roque, o Director da Sede do Ministerio en 1918, recibe a Julián e ós bolseiros cunha gran sonrisa e lles ensina, orgulloso, as instalacións da nova sede que está a piques de ser inaugurada.
A continuación, entrégalles unha copia de todos os planos que necesitan para completar este reto.
Con grande destreza e dilixencia, os bolseiros entregan ó finalizar a xornada, un completo informe técnico das instalacións da nova sede listo para entregar na administración pertinente.
O 4 de Outubro de 1918, o gobernador Andrés Alonso López publicou no Boletín Oficial Extraordinario da provincia de Burgos, unha serie de recomendacións.
Entre elas atopábase a recomendación de estar no campo a maior parte do tempo ó aire libre, pois considerábase que a auga e a luz eran o mellores desinfectactes que existían.
Seguindo as recomendacións para axudar a frear a pandemia, a Dirección Xeral de Actividade física e deportiva decidiu facer unha saída a pé cos bolseiros do Ministerio. Coa colaboración da Dirección Xeral de Xeografía e Historia, coñeceron a Mesquita e o Balneario de Guitiriz, famoso pola capacidade curativa das súas augas para moitas doenzas.
Para manter a forma física, os bolseiros do Ministerio adican algúns momentos do día ás súas propias afeccións deportivas, algo fundamental para o coidado do seu estado mental. Así nolos describen algúns deles ó mesmo tempo que poñen en práctica as súas habilidades en francés.
O escenario de pandemia que atoparon os bolseiros cando chegaron a 1918 foi desolador e decidiron colaborar coas autoridades sanitarias para determinar rapidamente as zonas prioritarias de actuación segundo a incidencia da gripe. Tamén axudaron a repartir os escasos medios e as poucas medicinas existentes e a calcular de forma áxil as necesidades e fraccións das poboacións afectadas en cada aldea, concello ou comarca.
Para iso, recibiron un estricto adestramento por parte da Dirección Xeral de Números e Asuntos matemáticos que lles servirá para axudar a controlar a pandemia de gripe.