TRANSHUMANISMO

Mellora ou fin da especie humana?

EXPOSICIÓN COLECTIVA DOS TRABALLOS REALIZADOS POLO

ALUMNADO DO IES EDUARDO BLANCO AMOR DE OURENSE

con motivo da

IX OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

2021-2022

Alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato

Paula Gallardo Domínguez

Humanos non

Ana González Iglesias

🏆 Curtametraxe seleccionada para a IX OFG

🏅 4º PREMIO NA MODALIDADE DE VÍDEO 🏅

Martín Pérez Martínez

Humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía?

Mario Pérez Pousa

🏆 Disertación seleccionada para a IX OFG

Humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía?

Os grandes avances científicos que se deron nos últimos tempos provocaron a aparición do transhumanismo, un movemento intelectual e cultural que pretende mellorar as condicións humanas mediante o desenvolvemento e aplicación das novas tecnoloxías. Isto provoca unha gran polémica en torno a como se debe aplicar a tecnoloxía, á moralidade dos experimentos que permiten levar a cabo estes avances científicos, ou a como afectan estes cambios na sociedade. O transhumanismo supón unha mellora ou o final da especie humana?E en relación á súa principal ferramenta, humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía?

Aínda que o transhumanismo sexa presentado como unha mellora dende os seus defensores, este movemento podería xerar máis problemas dos que resolve, polo que é conveniente cuestionar ata que punto debería levarse a cabo. En lugar de representar un avance para a humanidade, o emprego da tecnoloxía tal e como se propón dende o transhumanismo podería rematar deshumanizándonos.

O transhumanismo propón un novo mundo con aspectos atractivos como a mellora das condicións físicas, mentais e emocionais. Exemplo disto sería o uso da tecnoloxía para aumentar a nosa felicidade ou a nosa intelixencia. Sen embargo, empregando con ese fin os fármacos e as axudas tecnolóxicas experimentaríamos unha verdadeira felicidade? Non, precisamente esta idea de felicidade constante promovida polo transhumanismo chocaría co concepto de felicidade en si. Que sentido tería estar felices sempre? Desfrutaríamos da mesma maneira os bos momentos? Non, a felicidade sentímola cando nos pasa algo bo a nós ou aos nosos seres queridos, cando facemos algo que nos gusta, cando recordamos vivencias alegres do pasado. Precisamente este falso concepto de felicidade é criticado en varias distopías futuristas coma Un mundo feliz, Farenheit 451 e 1984. Dado que os seres humanos nos caracterizamos por experimentar emocións e sentimentos, o uso da tecnoloxía podería facer que deixáramos de ter esas vivencias por nós mesmos, de modo que nos deshumanizaría.

Outra das propostas ou proxectos do transhumanismo é a inmortalidade, xa que pretende sumirnos nunha eterna xuventude, imposibilitando a morte por vellez. Pero que sentido tería a vida se non rematase? A vida é finita, e iso condiciónanos á hora de actuar e tomar decisións, xa que o tempo se esgota. Pero se a vida fose infinita non tomaríamos as decisións tendo en conta o noso tempo limitado, non actuaríamos en consecuencia, xa que habería tempo e tempo para resolver os nosos conflitos. Isto non se correspondería co funcionamento do ser humano, que sempre actúa tendo en conta que pronto ou tarde morreremos, polo que poñer a tecnoloxía ao servizo da inmortalidade deshumanizaríanos. A idea da inmortalidade é rexeitada por moitos filósofos, entre eles Nietzsche, que criticou a covardía do ser humano ao intentar fuxir da nosa condición de mortais.

Ata agora o papel da evolución e mellora do ser humano foi levado a cabo pola natureza, aínda que este movemento pretende que sexamos os líderes da nosa evolución, xerando modificacións que buscan melloras para nós. Sen embargo, debemos ter en conta que non somos un obxecto que poidamos cambiar ou modificar, somos seres racionais, a pesar de que os cambios pretendidos polo transhumanismo pretendan ocultar que somos “fins en si mesmos”, como dicía Kant. Ademais disto, á hora de experimentar, non temos certeza ou garantía total de que o resultado buscado consista nunha mellora ou nun empeoramento, polo que as consecuencias dos nosos actos poderían ser irreversibles e afectar á nosa saúde ou á nosa calidade de vida.

A pesar da insistencia dalgúns científicos e políticos no uso da tecnoloxía para mellorar ao ser humano, no caso de que as novas “melloras” se leven a cabo, deberían ser previamente consultadas cos cidadáns, xa que probablemente serán os que máis experimenten a repercusión de ditas “melloras”, de modo que a decisión do emprego da tecnoloxía con estes fins debe estar en mans dunha poboación ben informada. Algúns filósofos defenden tamén o dereito do pobo a decidir sobre este tema, entre eles Hannah Arendt, que non cuestiona a capacidade dos científicos para crear un “home futuro”, así como tampouco cuestiona a nosa capacidade de rematar coa vida dos seres que habitan o planeta, de modo que desconfía da validez de científicos e políticos para tomar este tipo de decisións.

Para defender o transhumanismo tense empregado o argumento de que a mellora dos seres humanos mediante a tecnoloxía podería contribuír á igualdade na sociedade. É difícil de crer que a utilización da tecnoloxía podería reducir a desigualdade tendo en conta a inmensa diferenza económica e tecnolóxica que se dá entre os países desenvolvidos e os que se atopan en vías de desenvolvemento. Resulta irónico pensar en introducir tecnoloxía para a mellora dos humanos nos países ricos mentres que nos países pobres hai un desenvolvemento tecnolóxico mínimo e en moitas rexións incluso se pasa fame, de modo que usar este argumento para tratar de convencer á xente que quere rematar coa desigualdade amósase certamente inmoral.

Neste momento atopámonos nun mundo tendente á globalización, de modo que progresivamente nos estamos colectivizando. Medidas coma o aumento da intelixencia, da memoria ou da empatía, non farían máis que contribuír a unha homoxeneización da sociedade, pois estariamos rematando coas características que nos diferencian do resto dos individuos. A situación de globalización actual, unida a este afán por converternos a todos os individuos en persoas idénticas ou similares, choca cunha característica biolóxica do ser humano: a variabilidade, sempre buscada por parte da natureza. Este afán por rematar coa variabilidade por medio da tecnoloxía tendería a deshumanizarnos.

Outro argumento usado polos defensores do transhumanismo é que xa se empregan métodos para o melloramento humano como a educación ou o deporte. Sen embargo é grande a diferencia que existiría se introducísemos estas melloras sen pasar por este proceso. O ser humano dende as súas orixes desenvolveuse grazas á aprendizaxe e á práctica, e prescindir destes procesos sería contrario á nosa humanidade. Lembremos o refrán popular “dálle un peixe a un home e alimentaralo durante un día; ensínalle a pescar e alimentaralo para toda a vida”. Os humanos dende sempre empregamos o esforzo para desenvolvernos, e prescindir deste podería contribuír a unha progresiva deshumanización.

En conclusión, este recente movemento, a pesar de ter como principal obxectivo a mellora do ser humano, podería estar actuando ao revés ao facer que perdamos a nosa identidade, provocando que nos deshumanicemos. A pesar dos posibles efectos positivos que podería ter o transhumanismo no ser humano, resultan máis numerosos e importantes os efectos negativos ou prexudiciais que poderían desencadear: falsa felicidade, concepción errónea da temporalidade, cambios irreversibles, aumento das desigualdades sociais e económicas... Polo que o máis sensato parece ser que non se leve a cabo se non hai un consenso entre a poboación logo de seren explicadas e debatidas, en cada circunstancia, as súas vantaxes e desvantaxes. E no caso de que a poboación decida levar a cabo certas melloras, o ideal sería que se fixera sempre cun estrito control e sen precipitarse, xa que o sono dalgúns de conseguir un “home futuro” podería converterse no pesadelo de moitos.

Mario Pérez Pousa

Andrea González González

Nerea López Daponte

Silvia Diego Requejo

Pablo Alejandro Puente Prieto

Sheila Rodríguez Hucha

🏆 Fotografía seleccionada para a IX OFG

Coma insectos cara unha luz

Roi Prieto Gómez

Humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía? Axúdanos no noso día a día ou é un elemento de espionaxe encuberta? Aporta algo ás nosas vidas? Acaso nolo quita? A este ritmo, onde imos parar? Estas son moitas das preguntas que, sen pensar nelas diariamente, nos rodean por todos lados. Que se a ciberseguridade, que se o acoso de man das redes sociais. Até xente obsesionada con conseguir un corpo perfecto simplemente por ver a catro rapaces no Instagram! E mais non caemos da burra. Seguimos aquí, ficando coma insectos cara unha luz.

A primeira pregunta, antes de comezar nada, para min sería: “Que é a tecnoloxía?”. Acaso é, como di a RAE, un conxunto de técnicas e teorías que permiten o aproveitamento dunha ciencia? Ou é, a longo prazo, un substituto da medicina que coñecemos actualmente? Tamén pode que sexa, polo contrario, unha arma contra a vida, que nos mesmos creamos? Sabemos que a tecnoloxía se atopa en tódolos ámbitos das nosas vidas, cada cousa que facemos está relacionada con ela. Sabemos que nos permite aproveitar todo o que nos rodea ao máximo, para sacarlle partido e conseguir mellorar as nosas vidas. Atópase en próteses, en medicamentos, mesmo na comida que nos alimenta cada día aínda que non sexamos conscientes. Esa tecnoloxía é a mesma que creou as bombas que caeron no noso mundo ao longo da historia, a que conseguiu as cámaras de gas coas que se mata. Agora, sabendo estas cousas, mellorar as nosas vidas significa crear persoas superiores xeneticamente ao resto para progresar? Significa crear unha desigualdade social, xa que só os máis adiñeirados poderán escoller as cualidades dos seus descendentes para que sexan mellores que o resto? Significa aumentar unha desigualdade ata un punto insostible? Significa romper o mundo tal e coma o coñecemos hoxe en día para que uns privilexiados sigan sendo cada vez máis privilexiados e o resto do mundo se extinga? Merece a pena xogar coa xenética do Homo Sapiens para crear unha nova especie, se é que así podemos chamala? Merece a pena asasinar á nosa especie por unha mera e simple ambición? Ou, ao contrario, todos teremos acceso a estas tecnoloxías, todos seremos mellores e as nosas vidas serán notablemente melloradas? Van estas tecnoloxías rematar cas desigualdades, traer a “paz” ao mundo e facernos felices a cada un dos seres que o habitamos? Tamén cabe a posibilidade de que algo saia mal. E se isto causa que o mundo, tal e como o coñecemos, deixe de existir? Ou se, simplemente, deixa de existir? Quen serán os culpables desta catástrofe? Na miña opinión, temos que interiorizar que estamos avanzando tanto tecnolóxica como científicamente a un ritmo vertixinoso, atreveríame a dicir insostible a longo prazo. Seguindo a Lei de Moore, un ordenador duplica a súa capacidade de procesamento cada dezaoito meses. A este ritmo, cal será o "non vai máis" da tecnoloxía? Chegarán algún día a superarnos as computadoras? E se xa o fixeron e seguimos aquí tentando melloralas? Ou superarannos cando cheguemos a incorporalas no noso corpo? Ou se xa nos superaron meténdonos a idea na cabeza de metelas nel! Cando nos daremos conta de que nos domina, ou cando se dará conta esta de que nos domina? Chegará a ser un simple circuito impreso mellor ca nós?

Hoxe en día, a tecnoloxía ten tal influenza nas nosas vidas, que sen ela non poderíamos virir. Sen ela, nada sería como é hoxe. E, sen temer este avance dende que a nosa especie xurdiu, debemos temer agora evolucionar, aínda que sexa da man da tecnoloxía, a outros seres? E aquí, para min, chega a gran pregunta final: “Debemos evolucionar? Debemos deixar de ser para ser outros?”

Roi Prieto Gómez

Mariana Fonseca Plata

Paula González González

Roi Prieto Gómez

Irene Ruibal González

Na fronteira da realidade?

Sara Medel Quintana

🏆 Dilema moral seleccionado para a IX OFG

Na fronteira da realidade?

Un dos puntos fortes da evolución do ser humano nesta época é a tecnoloxía. O transhumanismo fala dos aspectos nos que nós podemos evolucionar. Pero progresaremos en todos eses aspectos?

Nestes últimos anos viuse claramente como agora dependemos dunha pantalla e de todo o que esta esconde detrás dela. Na pandemia víronse reflectidas as nosas escapatorias da realidade ao mundo virtual, informándonos de cousas “reais ou non”. Facemos amigos polas redes sociais. Estas facilítannos información en cuestión de segundos. Distráennos das nosas preocupacións mentres nos quedamos atónitos ao que unha imaxe proxecte diante das nosas retinas. Gústame a tecnoloxía porque me parece unha progresión facilmente adaptable ao noso ser.

Como adolescente, creo saber todo o que conleva cada unha das aplicacións que esconde o meu móbil ou o meu ordenador e, coma min, millóns de persoas que formaron unha rutina onde estes aparatos ocupan a maioría do noso tempo. Novas aplicacións fomentan a lectura ou as series como arte audiovisual. Temos novas formas de acadar os nosos obxectivos de aprendizaxe sen ter que escribir manualmente e só pulsando unhas teclas. Chegou a maneira, tan sinxela e instantánea, na que moitos desexaron noutra época poder comunicarse coa civilización. Isto non é o tope da tecnoloxía e sei que en menos de cincuenta anos, seguramente, estaremos nós intentando entender á nova sociedade, que cambiará de forma notable.

É inevitable pensar tamén nos aspectos negativos que nos proporciona todo este cambio. Os cánones de beleza que antes se vían nas revistas agora son o resultado de filtros cos que podemos modificar os nosos complexos para que o mundo vexa a perfección que podemos chegar a mostrar. A envidia pode percorrer o noso interior ao ver unha persoa pasándoo xenial coas súas amizades claramente mencionadas. E resulta difícil discernir todos os bulos que internet nos fai crer. Esta nova realidade dixital provoca adiccións, illamento, eliminación de emprego pola facilidadade que nos ofrecen as compras online, virus, ou algo moito máis perigoso, que é que nos podemos encontrar con absolutamente todo tipo de persoas.

Doutra banda, as calculadoras fannos pensar menos, e o GPS lévanos a sitios sen lembrar como son os mapas ou as guías de viaxe. A lavalouzas déixanos descansar do xabón para pratos, e as máquinas aspiradoras e as lavadoras fannos as tarefas domésticas moito máis sinxelas. Se miras ao teu redor, decataraste de todas as cousas que os nosos ascendentes non tiñan e lles parecían absolutamente impensables e imposibles, case ao mesmo nivel de pensar nunha nova cor que non exista ou nunha cara que xamáis viras. Os nenos e nenas nacidos nesta ultima época, o que se podería chamar a nova xeración, xa están acostumados a distraerse con vídeos ou caracteres metidos nunha pantalla que con menos de cinco anos poden controlar mellor ca unha persoa de sesenta.

Precisamos as emocións, cada unha delas, comezando dende a máis feliz á máis triste, pasando polas inefables, efímeras e raras que o noso corpo poida sentir. Precisamos ver todo o tempo as cousas felices e olvidarnos do que é que a xente do teu redor se sinta perdida ou sen ganas de facer nada. A rapaza que ves bailando cos seus amigos na rúa tal vez, seguramente, esté angustiada por todo o que as súas redes sociais lle afectan.

Non me gustaría perder a tradición do olor a libro novo que o papel nos permite apreciar. Tampouco me gustaría que os meus ollos se cansen facilmente por estar durante seis horas diante dun ordenador por ter que estudar agochándome diante de “words” e vídeos. Xa estamos perdendo os casetes e os vinilos polas aplicacións gratis, sen pensar se estamos apoiando ben aos nosos astistas favoritos. A tecnoloxía ofrécenos facilidades, que van ir evolucionando. O meu móbil faime interactuar en calqueira instante cos meus mellores amigos e familia. Tamén me podo ubicar e saber onde estou no que o meu dedo realiza dous movementos sobre unha pantalla. Pero non me apetece perder o tradicional, aínda que probablemente todo remate sempre pasando a ser da xeración “vintage”.

Como dixo Albert Einstein, “cando a tecnoloxía sobrepase á intelixencia humana, estaremos perdidos”. Os famosos coches voadores que a miña nai pensaba que xa ían estar dispoñibles nesta última década, crendo que xa ía ser a época máis futurista, máis ou menos como nola transmiten as películas, agora tócame imaxinalos a min, aínda que tampouco acerte eu. Cantas épocas de xeracións futuras seguirán imaxinando o futuro? Canto seguiremos progresando máis do que xa temos progresado? Cambiaremos tanto como o futuro planea e deseña que cambiemos? Deixaremos o noso valor na fronteira da realidade?

Sara Medel Quintana

Pedro Pablo Vargas Torres

Daniel Soares Conde

Sofía Méndez Losada

Paula Peña Iglesias

Antón Velón López

Ainhoa Rodríguez Hucha

Cara un uso responsable da tecnoloxía

Iván García Pérez

🏆 Dilema moral seleccionado para a IX OFG

Cara un uso responsable da tecnoloxía

O autor Nicholas Carr expresa que a tecnoloxía embrutece ás persoas, as fai máis dependentes e incluso lles resta intelixencia. Por exemplo, no caso do GPS unha persoa podería interpretar tranquilamente un mapa grazas á súa capacidade de pensamento, pero prefire coller o móbil e deixar que unha voz “da nube” lle guíe. Tamén, o señor Carr pensa que se a sociedade segue por este camiño as vidas das persoas perderían interese e o mundo volveríase un lugar aburrido. Iso é un problema moi serio, xa que donde menos nos gustaría vivir sería nun lugar tristeiro ao que lle falte vida. Pero isto da tecnoloxía non será todo malo, xa que a fin de contas… a inventamos os seres humanos.

“A tecnoloxía é o conxunto de nocións e coñecementos científicos que o ser humano utiliza para satisfacer as súas necesidades ou solucionar problemas”, isto parece bo e significa que a tecnoloxía nos acompañou dende fai moito tempo para resolver os nosos problemas; entón, por que agora a tecnoloxía parece mala e nos fai dependentes? A ciencia tróuxonos inventos moi bos cos que científicos e científicas están estudando incluso a orixe do Universo, como por exemplo, o acelerador de partículas do CERN, no que se descubriron partículas elementais clave no desenvolvemento da física cuántica. Ou un exemplo máis cercano a nós: o móbil. Na nosa sociedade case todas as persoas teñen móbil, xa que é un sistema de comunicación intuitivo, rápido e portátil, aínda que claramente é o invento que relacionamos cun “uso dependente”. Pero seguro que, se nos poñemos a pensar, ten bastantes cousas boas, como os sistemas de mensaxería, reproducción de contido, música… Outra cousa que non podemos esquecer é que todos os inventos foron realizados por persoas e iso demostra a súa intelixencia, xa que os inventos teñen que ser programados e deseñados… Polo tanto, unha era tecnolóxica non ten por que implicar que as persoas sexan pouco talentosas ou pouco intelixentes, xa que detrás de cada producto tecnolóxico hai moito traballo e paixón.

Eu penso que deberiamos aceptar a tecnoloxía tal e como nos chega sempre e cando fagamos un uso máis responsable dela, xa que, nalgúns casos como, por exemplo, nun parque, pode haber rapaces e rapazas que en vez de estar xogando, estén usando o móbil. Este tamén pode ser un problema educativo ou social, xa que os nenos e nenas copian o que ven das persoas adultas. Pero disto non ten culpa a tecnoloxía, porque en teoría o que busca é solucionar problemas; non busca directamente que as persoas se volvan dependentes e sen chispa. Entón, despois de todo isto, pode que o verdadeiro problema o teñamos nós e necesitemos solucionalo. Tampouco penso que vaiamos perder a nosa capacidade intelectual, porque nós utilizamos a tecnoloxía como axuda, exactamente como eu estou utilizando agora o ordenador para facer este escrito, ou un enxeñeiro a calculadora para facer os cálculos que eviten o derrubamento dunha ponte. Polo tanto, tampouco nos volveremos menos talentosos, xa que cada persoa ten algo especial que a fai única e irrepetible. Creo que se podemos controlar e facer un uso responsable da tecnoloxía, esta se convertirá nunha gran ferramenta e aliada. Tamén poderiamos pensar que se non aceptamos a tecnoloxía estariamos volvendo cara atrás e non avanzariamos. Polo que, facendo un uso responsable da tecnoloxía, esta ha de servirnos para camiñar cara ó futuro e non cara ó escravismo.

En conclusión, a tecnoloxía pode ser un elemento importante e beneficioso no desenvolvemento da nosa sociedade pero, agora ben, no transhumanismo é todo bo? Toda esta tecnoloxía que nun principio parece beneficiosa, poderíase volver contra nós ao poñela ao servizo da creación dunha nova especie de seres humanos? Como poderemos darnos conta se o transhumanismo peta na porta? Abondará só con facer un uso responsable da tecnoloxía?

Iván García Pérez

Breogán Figueiras Amorín

María Eduarda Alves Gomides

Tiago Barbosa Pereira

Adela Romero Lage

Sofía Rodríguez Saavedra

🏆 Fotografía seleccionada para a IX OFG

Roi Álvarez Bayón

Letizia Álvarez Gómez

🏆 Fotografía seleccionada para a IX OFG

Mario Pérez Pousa

Yurena Rey Fernández

Martiño Blanco Guzmán

José Daniel Martínez Vázquez

Pablo Pérez Pousa

🏆 Fotografía seleccionada para a IX OFG

KALMAX

Daniela Ansia Poma, Gabriela Fernández Carballo, Hector José Novoa González, Rubén Pérez Pérez, Ainhoa Pousa Lorenzo, María Adelaida Souto Novas

🏆 Curtametraxe seleccionada para a IX OFG

Arturo Losada Placer

Tecnoloxía ou liberdade?

Candela Sánchez Fernández

🏆 Dilema moral seleccionado para a IX OFG

Tecnoloxía ou liberdade?

A tecnoloxía forma parte das nosas vidas como un membro máis da nosa familia. Alí onde miremos vemos tecnoloxía e os seus avances ao longo da historia, que nos axudan a ter unha vida máis doada. Pero en ningún momento a especie humana se parou a pensar se todos estes avances son positivos ao cen por cen ou teñen efectos secundarios que nos van prexudicar dentro de moitos anos.

Según autores como Nicholas Carr, o avance da tecnoloxía vai facer que as nosas vidas sexan menos ricas e interesantes, que as persoas se embrutezan e que se chegue a substituír os nosos talentos por reaccións propias de autómatas. Pode que chegado un punto, o ser humano quede en segundo lugar e sempre detrás da tecnoloxía que nós mesmos fabricamos, incluso que a especie humana desapareza e empece o transhumanismo.

Pero avanzar na tecnoloxía non debe de ser de todo malo xa que os avances poden ser positivos se os científicos e as científicas chegaran a encontrar solucións a enfermidades polas que hoxe en día morre moita xente, e poderemos ter unha calidade de vida moito mellor á actual e incluso alongar as nosas vidas durante máis anos.

Pero ademais destes avances no ámbito da medicina, é probable que outros avances fagan as nosas vidas menos interesantes e que en diferentes ámbitos se nos substitúa por máquinas robotizadas que leven a cabo accións que poderiamos realizar por nós mesmos. Así chegaría un momento no que o noso cerebro se adaptara a unha vida tan sinxela que non seriamos capaces de seguir mantendo habilidades que antes da tecnoloxía tiñamos. É posible que o transhumanismo e as novas tecnoloxías nos fagan vivir nunha realidade paralela?

Estou de acordo con que se a tecnoloxía avanza demasiado non seriamos capaces de obter todo o positivo dela, e esta nos faría vivir en realidades afastadas das que coñecemos hoxe. Incluso pode chegar un momento no que a nosa sociedade poida ser practicamente inmortal ou poida medicarse para non ter sentimentos que chamamos negativos.

Medicarnos para avanzar cara ó futuro sería retroceder un gran paso cara ó pasado, xa que para que imos querer vivir moitos anos grazas á tecnoloxía se ao final non imos poder experimentar emocións e sentimentos que nos axudan a darlle valor a vida? Para que quereriamos avanzar tanto chegando a non morrer ou a permanecer na Terra durante moitos anos sabendo que esa podería convertirse na principal causa da extinción do ser humano?

Por ese mesmo feito, non sería correcto aceptar a tecnoloxía tal e como nos vén, ademais de que estariamos todos controlados por máquinas e por xente con postos superiores aos nosos. Todo estaría en Internet e deixariamos de ter privacidade xa que calquera podería saber o que facemos en cada momento. Seriamos escravos dos nosos propios inventos. Ademais, isto privaríanos de poder ser libres e racionais, porque xa non sería necesario razoar nun mundo onde a tecnoloxía pode facer todo por nós.

As tecnoloxías van facer que o mundo cambie e nós non imos ter a opción de escoller se queremos melloras de vida ou se preferimos vivir coma sempre. Nun mundo tecnolóxico e dixitalizado non hai espazo para ser nós mesmos, non hai espazo para expresarse e non podemos decidir se de verdade queremos aceptar todo o que nos venden como un gran paso cara ao futuro e como unha mellora para a especie humana. Privarnos de facer certas cousas, de sentir uns sentimentos en concreto e de comportarnos de certa maneira só polo avance da tecnoloxía e as súas condicións, van facer que nos reprimamos como persoas, que non vivamos felices e que a nosa función na Terra sexa nacer para morrer.

En conclusión, a tecnoloxía pode ter abundantes aspectos positivos que deberíamos aceptar, incluso a modificación xenética para evitar certas enfermidades ao nacer; pero experimentar desta maneira, facer que todos sexamos perfectos e todos teñamos virtudes e nunca defectos asemellaríase a un mundo de persoas-robots que todo o fan ben e non son capaces de sentir nada. De feito, pensar que poderiamos chegar a ser unha “raza” única de humanos perfectos sería tamén avanzar pero cara ó pasado, cara cando Hitler quería unha única raza de seres superiores. Chegar a ter unha “raza” de persoas que todo o fan ben, que nunca se sinten mal e que son a perfección en todos os sentidos, derivaría nunha sociedade aburrida, na que todo sería monótono e na que non habería liberdade.

Non creo que haxa que frear o avance da tecnoloxía , senón o impacto que ten na nosa vida . O máis lóxico sería regular e pensar todo o que facemos cos nosos aparellos electrónicos, poñer en dúbida os avances e estar abertos a unha evolución que non poña en risco á nosa liberdade como persoas.

Candela Sánchez Fernández

Ana González Iglesias

Eva Rodríguez González

Sara Pérez Rodríguez

Paula López Aragón

Sketch de euxenismo

Lucía López Rodríguez

🏆 Curtametraxe seleccionada para a IX OFG

Guillermo Rey Rodríguez

🏆 Fotografía seleccionada para a IX OFG

Lucía López Rodríguez

Lúa Saval Pérez

Televida

Fátima Martínez Fernández

🏆 Curtametraxe seleccionada para a IX OFG

Lois González Siota

Candela Sánchez Fernández

Mateo Taboada Gómez

Vera Blanco Suárez

Iván García Pérez

Cando a tecnoloxía nos fai perder o sentido da orientación

Mateo Taboada Gómez

🏆 Dilema moral seleccionado para a IX OFG

Cando a tecnoloxía nos fai perder o sentido da orientación

No artigo que aparece na revista Semana publicado o 22 de novembro de 2021 exponse o problema do avance da tecnoloxía ata chegar a anular o noso cerebro.

Antes de nada, non podemos perder de vista que os avances tecnolóxicos foron moi útiles ao longo da historia, empezando pola posibilidade que nos ofrecen de salvar vidas, coma é o caso das vacinas, a penicilina, os antibióticos e, en xeral, o mundo da medicina. Avances importantísimos e ás veces en tempo récord, como é o caso na actualidade da vacina contra a COVID 19, que en menos dun ano xa estivo lista para ser usada.

Por outra banda, os avances tecnolóxicos tamén serviron para matar ás persoas, coma o caso da guillotina que se empregou durante a Revolución Francesa e ata o século XX noutros países como Reino Unido ou Suecia; a silla eléctrica, que ata hai pouco usábase nas cárceres americanas para executar a pena de morte, ou as bombas ou as armas químicas que seguen causando mortes na actualidade.

Os avances tamén nos serviron para mellorar a calidade de vida das persoas, aparecendo os medios de locomoción, os electrodomésticos que temos nas nosas casas, as lentes para ver, os audífonos, os medios de comunicación coma o teléfono, e dispositivos tecnolóxicos coma os ordenadores, as tabletas ou os teléfonos intelixentes. Ao principio da aparición destes dispositivos tecnolóxicos, o seu uso non estaba moi extendido, pero hoxe en día son imprescindibles na vida da maioría das persoas. Esto foi útil para ter á xente comunicada e facilitar o traballo das persoas a todos os niveis (empregados de oficinas, servizos públicos, de supermercados, talleres…).

Na actualidade, o fin da tecnoloxía vai máis alá. Por exemplo, cada vez hai menos prensa escrita, pasando a ser dixital en moitos casos, e estes aparatos bombardéannos de información, sobresaturándonos de coñecementos, o cal nos leva moitas veces a deixar de ter opinión propia. Deixamos de pensar por nós mesmos e ás veces deixámonos levar pola forma de pensar doutras persoas, facendo propia a opinión deles. Ademais, nos ordenadores aparecen funcións que anulan as capacidades intelectivas das persoas, pois unha coñecida marca de ordenadores incorporou o famoso SIRI, que busca por voz, deixando a persoa de buscar escribindo e seleccionando o que máis lle conveña.

Outro exemplo que se pon no artigo é o do GPS que vén substituir os tradicionais mapas, que se compraban ou se imprimían e facían que o noso cerebro se esforzara en buscar a ruta adecuada e desenvolvera o sentido da orientación. Pero hoxe en día case todos os coches xa o traen incorporado, e nos que non, os seus conductores válense dos móbiles para chegar aos seus destinos. Pero con estes aparatos, seguindo as súas instruccións, xa se ten tido varios sustos, acabando en camiños sen saída ou ó borde dun río, cousa que non pasaba se se miraban os tradicionais mapas que nos facían pensar e interpretar a realidade, no canto de ir ó “tuntún”, que ás veces pode acabar en traxedia. Isto é un exemplo de como a tecnoloxía pode anular algunha función do noso cerebro e podemos acabar perdendo, neste caso, o sentido da orientación.

A pesar diso, tampouco se trata de demonizar estas tecnoloxías, senón que o seu uso ten que seguir sendo compatible cos métodos tradicionais que nos fan exercitar as nosas habilidades mentais. Non todo é malo, pois a información da que se dispón a través destas tecnoloxías tamén nos permite informarnos sobre os nosos dereitos e obrigas, denunciar produtos defectuosos ou estafas, a maioría cometidas a través destes medios. Isto é unha contradicción, pois por un lado hai estafas en internet e ó mesmo tempo á través da rede enterámonos delas e podemos denuncialas.

As redes sociais que aparecen a través das novas tecnoloxías permiten a interacción social pero fan que se perda o contacto físico coa xente, quedar coas amizades e falar cara a cara, e iso é o que caracteriza ao ser humano. Outro dos aspectos negativos das redes é o acoso que se leva a cabo nelas, que cada vez vai a máis, e iso é algo que non parece que vaia desaparecer senón que parece ir a peor. Prodúcense agresións verbais, insultos e ameazas baixo perfiles falsos, o que fai moi difícil ou case imposible a identificación do autor.

Cada vez sube a xente máis vídeos, unhas veces de festas, outras de deportes, pero tamén de pelexas, e isto algunha vez tamén serve para identificar agresores. O mesmo sería no caso das cámaras de grabación dos sistemas de seguridade dos locais, que non só evitan posibles roubos, senón que tamén serven para descubrir delitos ou infraccións. Isto pode ser un exemplo do bo uso das tecnoloxías, que axudaría a mellorar a seguridade das persoas e a súa calidade de vida. A contrapartida desta vantaxe sería a perda de liberdade, xa que cada vez habería máis control e vixilancia.

Pero non nos podemos olvidar de que a tecnoloxía ben usada tamén serve para enriquecer as nosas vidas, por exemplo, moita xente afecciónase á agricultura, á artesanía, á xardinería ou á bricolaxe. Vendo vídeos deste tipo a xente entretense repetindo estes vídeos e innovando. Non cabe dúbida de que neste senso fainos máis talentosos ou polos menos desperta en nós cualidades de innovación e emprendemento.

En conclusión, o que pretendo dicir é que a ciencia e a tecnoloxía poden ser beneficiosas ou non dependendo do uso que lles demos. Pero o camiño que leva a evolución é, segundo o meu parecer, bastante malo. Chegará un momento en que se modificarán artificialmente as nosas capacidades e isto é pouco ético, porque estas modificacións do ser humano van en contra da nosa propia natureza, que é ser distintos uns dos outros e cos nosos defectos. Polo tanto, cara onde nos orientamos agora? Chegaremos a implantar algún tipo de chip nos nosos cerebros? E de ser así, seremos xa robots ou seguiremos sendo humanos?

Damaris Rodríguez Rodríguez

Übermensch

María Eduarda Alves Gomides

🏆 Curtametraxe seleccionada para a IX OFG

Reflexións sobre a arte no transhumanismo

Nicolás Prado Contreras

🏆 Disertación seleccionada para a IX OFG

Reflexións sobre a arte no transhumanismo

Na actualidade, se somos conscientes de algo, é de que o ser humano foi o creador dunha das actividades que sustentan e fan incomparable o noso planeta Terra, a arte. A arte permítenos expresarnos e preséntase nunha cantidade inxente de formas que abranguen a pintura, a arquitectura, a música, a danza, a literatura… Pero, coa aparición do transhumanismo e a consecuente suposta mellora tecnolóxica da humanidade, ata que punto a arte podería existir tal e como a coñecemos e ademais ser considerada como obra e propiedade puramente humana sen converterse nunha actividade puramente tecnolóxica?

A aparición da primeira mostra de arte, concretamente a arte da pintura, remóntase a fai miles de anos, onde o humano prehistórico descubriu unha forma sinxela e novidosa de representar diferentes estampas cos medios que tiña dispoñibles, e foi esta manifestación a que serviría como a primeira semente que acabaría xerminando na pintura que hoxe en día coñecemos, que dunha forma ou doutra, presenta certas relacións coa tecnoloxía, como é o caso actual dos NFT, activos dixitais en forma de ilustracións. O mesmo ocorre noutros campos, como é o da música, que orixinalmente partiría valéndose unicamente da propia voz das persoas e algúns sons que se puideran aproveitar, mentres que hoxe en día non é ningunha sorpresa que como mínimo, un 50% do traballo que conleva facer unha peza musical dependa da tecnoloxía.

Agora ben, en todos estes exemplos pódese atopar un factor común; son as persoas as que utilizan todos estes aparellos pola súa conta para poder desenvolver a súa arte de forma máis completa e máis cómoda, coverténdose estas nas autoras, e non a tecnoloxía, que é un medio máis para ese fin. O problema xorde cando os límites actualmente coñecidos da natureza se sobrepasan e, con isto, o concepto que temos da arte cambia de forma radical. Como dixo Aristóteles “toda a arte consiste en dar o ser a algo”. O filósofo grego tratou diversos problemas relacionados coa arte e, pese a que parte destas ideas non se conservarían ata os nosos días, en obras como Poética poden verse as súas obervacións artísticas. Para Aristóteles, a arte era unha actividade plenamente humana que se baseaba no factor intelectual da persoa e nos coñecementos indispensables para crear unha obra, para así dar lugar a un pracer sensorial e intelectual moi profundo, o cal tiña que estar suxeito a uns principios morais e lóxicos.

Polo tanto, se a nosa propia calidade de seres humanos é alterada, que sería da arte? Ao falar do que supoñería a arte transhumanista cabe facer fincapé no contexto no que esta estaría situada: un mundo no que as enfermidades escasearían; teriamos cualidades moi superiores ás comúns como melloras intelectuais, un incremento das nosas capacidades físicas ou unha maior capacidade creativa; e, sobre todo, o punto que máis afectaría a este tema serían os cambios realizados nas nosas capacidades emocionais, que poderían significar á perda de sentimentos como a tristeza, o sufrimento ou a alteración doutros estados de ánimo. Nun primeiro momento parece que todas estas “melloras” supoñen un avance de gran magnitude de cara ao noso futuro; o problema máis preocupante chega cando somos conscientes de que toda manifestación artística xorde necesariamente a partir dun sentimento que permite mostrar a beleza e, en certa forma, o estado da nosa alma. Na música podemos apreciar de forma clara todo isto: os sentimentos levan a crear pezas que conseguen conectar connosco de forma case máxica e chegan aos lugares máis recónditos do noso corazón, trasmitíndonos esa tristeza expresada mediante simples palabras acompañadas de sons, traéndonos á memoria lembranzas dos nosos mellores momentos ou simplemente conseguindo levantarnos da cama e que nos poñamos a bailar coma se nada máis importase. Na danza, os movementos conseguen expresar todo aquilo que o bailarín ou a bailarina pretenda, dende a angustia ou o medo ata a propia fraxilidade da nosa existencia. E o mesmo ocorre noutros campos artísticos como a arquitectura ou a pintura. Seguir levando a cabo toda esta actividade só e posible sempre e cando conservemos a nosa calidade humana, a cal é única e inmellorable.

Unha arte carente de sentimentos ou ben afectada pola alteración dos nosos trazos fisiolóxicos non pode ser considerada arte, polo menos, respecto á definición que temos actualmente deste termo, pero pode darse a situación de que mediante esta simbiose das máquinas coa persoa artista xurdan novas formas de concibir todo isto e, polo tanto, tan só teriamos que abrir a nosa mente. Coas melloras do noso organismo poderíase crear unha arte absolutamente transhumanista, novas formas de expresar e plasmar as artes clásicas como a pintura, a música ou a danza, adaptadas a un novo concepto de “artista”, diferente ao actual. Para isto, non hai que alonxarse moito da nosa realidade, debido a que esta nova arte xa ten certa presencia no noso presente. Podemos prestar atención ao novo escenario que nos pode abrir o transhumanismo: un dos exemplos máis actuais dentro da música é o caso de Jason Barnes, quen tras perder unha das súas extremidades obtivo a capacidade, mediante un brazo biónico, de converterse no primeiro batería capaz de utilizar tres baquetas á vez, mostrando así algunhas das novas posibilidades mediante as cales a arte podería nutrirse da tecnoloxía. Así mesmo, unha serie de teses, como é a de David Trippett, Música e o Oído Transhumanista (publicada en The Musical Quarterly, Volume 100, Issue 2, 2017, páxinas 199–261), buscan expoñer as novidades e o ambiente que se tería que crear para adaptarse aos novos oíntes da música transhumanista que esixirían novos sons e incluso unha nova linguaxe adaptada aos seus oídos superhumanos, ao mesmo tempo que tratan de facernos recapacitar acerca de se é necesario un cambio profundo ou non dentro das estruturas da música.

En definitiva, esta nova arte transhumanista traería consigo novas incógnitas: sería correcto falar de arte humana ou teriamos que chamala arte tecnolóxica? No caso de que as intelixencias artificiais foran as creadoras de melodías ou incluso cancións, de quen sería propiedade isto? Habería restricións dentro da nova industria musical ou poderiamos gozar de total liberdade? Cal sería o papel do ser humano en todo o proceso creativo? Non temos a certeza de saber que pasará nuns anos con todas as formas de facer arte que agora mesmo coñecemos, o que si podemos afirmar é que tanto o transhumanismo coma a arte son conceptos que, pese a presentar numerosas diferenzas e contradicións, co paso do tempo, acabarán uníndose máis e máis. Este proceso esperta moitas dúbidas en nós acerca de todo o que isto supoñerá pero polo menos, permitiranos seguir contando con todas estas formas de expresión, ben sexan humanas ou non, xa que como ben dixo Nietzsche, “sen arte a vida sería un erro”.

Nicolás Prado Contreras

Uxía Sande González

Sokhena Khoule Márquez

Iria Ruíz Pérez

Area López Mera

Lucía Álvarez Teijeiro

Jonás Navarro Araújo

Mario Senén Seone González

Rubén Fernández López

Álvaro Sarabando Cuiñas

Eyasu González Estévez

Hector José Novoa González

Uxía Rodríguez Yáñez

Unha cuestión de equilibrio

Sofía Méndez Losada

🏆 Dilema moral seleccionado para a IX OFG

Unha cuestión de equilibrio

Dende o inicio dos tempos ata agora, o ser humano foi evolucionando, descubrindo e creando innovacións, unha delas a tecnoloxía. Esta, fíxose tan importante e tivo tanto éxito que xa é algo que non pode desaparcer e que forma parte das nosas vidas. En cambio, os humanos non paramos de descubrir nin de crear, senón que continuamos evolucionando, ata chegar ao punto de que estamos comezando a cuestionar se estamos levando demasiado lonxe as nosas novas e futuras creacións.

Moitos estudos sociolóxicos, testimonios de persoas, datos e probas afirman o prexudicial que podería ser cada vez máis a tecnoloxía. No exemplo máis simple, temos o uso dos dispositivos electrónicos: móbiles, tablets, ordenadores… Estes causan adicción, dependencia e vagancia (á hora de ter que pensar ou facer cousas que eses dispositivos xa fan por nós). Algo preocupante é que a maoría dos casos soen darse na xuventude, na infancia e na adolescencia. Nos nenos e nenas podería ser aínda máis prexudicial, xa que dende idades moi temperás reciben dispositivos electrónicos ou dixitais, desenvolvendo adicción e dependencia. Ademais moitas das tarefas que poderían realizar coa súa capacidade mental, que neles é moi importante xa que aínda están medrando, estaríanas realizando cunha máquina, sen adestrar a súa mente, xa que é moito máis cómodo facelo de maneira máis rápida.

Aínda con todas as críticas a estes usos das novas tecnoloxías, estas tamén proporcionan cousas moi boas como facilitarnos un espazo no que podemos encontrar rapidamente calquera palabra, da que non coñezamos o significado, coma nun diccionario dixital. Neste aspecto, a tecnoloxía estaríanos dando algo bo, que é a aprendizaxe pero de maneira moito máis rápida e eficaz que ter que buscar unha palabra nun libro de tantas follas. Outro aspecto positivo das novas tecnoloxías é que facilitan a comunicación. No mundo hai persoas que son moi extrovertidas, pero hai outras que non o son tanto e que lles pode custar máis relacionarse cara a cara con alguén. Por iso, a tecnoloxía pode ser positiva nese aspecto. Podes coñecer a alguén en persoa e non darte expresado, pero mediante o dispositivo podes deixarte coñecer e expresar con maior facilidade o que che gustaría dicir. Isto axudaría a moitas persoas a ser menos introvertidas e a coller confianza para poder relacionarse tamén en persoa con menos problemas. As novas tecnoloxías tamén permiten o acceso ao teletraballo e ofrécennos a posibilidade de estudar en liña.

Hai miles de aspectos tanto en contra como a favor da tecnoloxía e do seu progresivo avance. Eu penso que esta tecnoloxía que avanza non tería por que resultar prexudicial se sabemos controlar o seu uso en cada un de nós. Estou totalmente dacordo en que pode conlevar varios aspectos negativos como a adicción, o abuso dos dispositivos, a merma das nosas capacidades e a tecnodependencia, pero non creo que debamos ignorar tampouco a tecnoloxía que temos. Todo depende de nós, da nosa capacidade para resistirnos e da reflexión que fagamos valorando o que podería pasar cun uso excesivo ou pouco controlado.

Se non temos control, podería resultar prexudicial en moitos ámbitos do noso día a día, como no noso rendemento físico e mental ou na nosa saúde emocional. Pero non por ter e usar a tecnoloxía deixamos de ser menos talentosos ou temos menos dons. O máis idóneo, creo que sería que houbese un equilibrio entre a tecnoloxía e o noso exercicio mental. Por exemplo, debemos usar a calculadora para facer cálculos complicados en moitos momentos que necesitamos rapidez, pero tamén debemos utilizar o cerebro para outros máis simples que podemos facer, e así exercitar a nosa mente. En verdade, eu creo que todo depende do pensamento e da actitude de cada persoa, xa que como a tecnoloxía non pode desaparecer do noso día a día, unha persoa pode querer acadar un equilibrio e outra non. Todos deberiamos acadalo, aínda que agora as persoas esteamos cada vez máis e máis enganchadas e non nos demos conta de todo o que podemos estar perdendo. Aínda así, vale a pena ter esperanza por moitas persoas, unha eu, que tamén queren cambiar esta situación.

Deste xeito, poderán as novas xeracións concienciarse? Poderase diminuír, sobre todo nos nenos e nenas, esa adicción aos dispositivos? Chegaremos a conseguir ese equilibrio coa tecnoloxía en todas as persoas?

Sofía Méndez Losada

Nerea Díaz Castro

Laura González Fonte

Lucía Ramos Rosendo

Marco Carballo Alvar

🗨 No IES Eduardo Blanco Amor tamén reflexionamos sobre o transhumanismo EN INGLÉS! Aquí vai unha mostra! 👇

Damaris Rodríguez Rodríguez

Guillermo Rey Rodríguez

TRANSHUMANISM, IMPROVEMENT OR FINAL OF THE HUMAN SPECIES?

Aroa Fernández Rodríguez

TRANSHUMANISM, IMPROVEMENT OR FINAL OF THE HUMAN SPECIES?

Are these biological limitations an error to be corrected or a necessary condition for our humanity?

Transhumanism has been defined as a cultural, intellectual and scientific movement that affirms the moral duty to improve the physical and cognitive capacities of the human species, and to apply new technologies to people, so that unwanted and undesirable aspects can be eliminated. necessary of the human condition, such as: suffering, disease, aging and death. Nick Bostrom, one of the greatest theorists of this opinion, affirms that “Transhumanism” represents a new operative conception of the future of the human being; a concept that brings together scientists and experts from different fields of knowledge: artificial intelligence, neurology, nanotechnology, and other researchers in applied biotechnology. They are joined by philosophers and people of culture, with the same aim: to change, improve human nature, and prolong its existence.

The very definition of "Transhumanism" already raises a series of fundamental questions: What do we understand when we speak of an "improvement" of the human species? Human beings have always used natural or artificial means to enhance their habitual abilities, such as, for example, the use of glasses to improve vision, improve their body or strengthen their intelligence. Are there ethical limits to these operations? When can it be said of a human being that he is "normal" and when is he not?

Humanity will be radically transformed by the technology of the future. We envision the possibility of projecting the human condition in such a way as to avoid the aging process. A great research effort will be required in order to understand the impact of this development and to realize the consequences it would entail in the long term. Supporters of transhumanism consider that taking advantage of new technologies is necessary to have an ethic that allows us to use them instead of trying to prohibit their use or development. These same supporters maintain that there is a moral right to employ new technological methods on the part of those who wish to do so, with the aim of increasing their own physical and intellectual capacities, and increasing control over their lives. Transhumanism is in favor of well-being for all beings endowed with meaning: be they human beings, artificial intelligences, animals or possible extraterrestrial beings.

There is also the application of the selection of human beings "without defects or pathologies" and the elimination of sick beings with the appropriate technique. The transhumanist movement and the representatives of this application such as J.Savulescu, is in favor of the choice of healthy embryos and the elimination of those that present serious and non-serious pathologies, but also speak already of the moral obligation so that do not be born sick children. Even in recent times, some of them have raised the neonatal infanticide of the severely disabled as something legal and necessary.

On the other hand, we are looking at molecular nanotechnology, which, through the introduction of microchips in various parts of the body, wants to activate and enhance the different capacities, especially those of the brain. In some pathologies or disabilities, thanks to the introduction of micro hearing or optical prostheses, or with parts of the human body of bionic origin, some human faculties are increased. All this would find its application, according to the transhumanists, not only in the therapeutic field, but also, to enhance the activity of some human organs, such as, for example, those of the cardiorespiratory apparatus.

Another possibility is represented by drugs that favor control of emotional well-being, antidepressants, which aim to limit the negative impact of some experiences.

It is not surprising, therefore, that some authors, such as J. Savulescu, morally justify the doping of athletes.

Transhumanists also consider the possibilities of a prolongation of life expectancy, thanks to the use of gene therapies or biological methods that make it possible to stop cellular aging. At present this isn’t possible. Perhaps the process can be slowed down, but not stopped.

Today, more than ever, ethical reflection is necessary to make good use and application of science and technology, to guarantee the well-being of people and future generations. The possibilities of improving our living conditions are enormous, and it is necessary to promote studies in bioethics that anticipate and anticipate scenarios before they occur. For this reason, we consider relevant this type of research on the ethical questions posed by emerging and convergent technologies applied to human health to make good use of them, so that they help to achieve the end of the human being and the fullness of his existence. , not only in a biophysical sense but in an integral sense, taking into account the specific nature of its being.

Noa Blanco