Desde o 2019 a biblioteca do IES Fernando Esquío organiza a Olimpiada Cultural coa colaboración dos docentes e grazas á xenerosidade de Juan Casal do CFPI Ferrolterra, quen nos facilitou a información e formación necesaria para poder levala a cabo. Tamén temos que dar as grazas aos participantes: sen o voso interese, curiosidade, gañas de participar, solidariedade e un pouco de tolemia, non sería viable este proxecto de divulgación.

O obxectivo desta actividade é que, mediante a diversión, o traballo en equipo e a curiosidade, aprendades cousas de todos os ámbitos do saber: ciencia, historia, xeografía, música, artes, cultura clásica...

Como en todas as Olimpiadas, temos varias disciplinas:

A participación é por equipos, *dependendo da convocatoria, ata o de agora os equipos estaban formados por 2 alumnos do centro divididos en 3 categorías: Junior, Genius e Máster. Se valorará ademais do acerto nas probas a limpeza no certame, a honestidade e deportividade.

Nesta web atoparedes as preguntas das convocatorias anteriores para quentar motores e animarvos a tomar parte.

Como nas edicións anteriores post pandemia, o concurso será por parellas e a participación farase pola aula virtual. A data de inicio será o  8 de abril para rematar o 26 de abril, publicaranse os resultados o 30 de abril, así que animádevos a participar!!

Bases do concurso edición 2023/24