PROCESO

Neste apartado ides atopar unha explicación detallada de cada unha das actividades que tedes que realizar. Será moi sinxelo!

Imos alá!

Actividade 1. Verdadeiro ou falso.

O obxectivo desta actividade é que sepades diferenciar claramente os elementos do aparello circulatorio dos elementos dos outros aparellos do noso corpo, como o dixestivo, respiratorio, etc. Nela debedes señalar verdadeiro ou falso.

Actividade 2. Sopa de circulación.

Esta actividade consiste en buscar oito palabras relacionadas co aparello circulatorio. Tedes que leer unha pista que aparecerá á dereita e buscar na sopa de letras a palabra que corresponde. Despois de atopar a palabra teredes que relacionar a palabra coa pista que apareceu antes.

Actividade 3. Preguntas e respostas.

Este é un cuestionario de preguntas e respostas acerca do aparello circulatorio, para realizalo correctamente debedes leer ben as preguntas para elexir ben as respostas, debedes der ter coidadiño ao elexir a correcta xa que hai catro opcións de resposta. Ánimo que podedes !

Actividade 4. Cuestionario tipo test.

Aquí atoparedes preguntas tipo test para identificar órganos do noso corpo co seu respectivo aparato (circulatorio, dixestivo, excretor ou respiratorio).