Actividades da semana
Ola a todos!
Xa está rematando maio e a primavera enche de cores a natureza!
A nosa terra é marabillosa. Temos que coidala para que no futuro poidamos seguir admirándoa.
Estamos ledos porque podemos saír das nosas casas, sentir a caloriña do sol e desfrutar ao aire libre. Pero debemos ser prudentes e seguir as instrucións sanitarias.
Desexamos que sexades moi felices e que nas vosas casas todo vaia ben.
Nós temos unha nova importante: a nosa querida profesora Rebeca, o luns 18 de maio, tivo que operarse de apendicite. Todos queremos que se recupere axiña e mandámoslle moitos bicos e apertas.
E vós que noticias tedes para contarnos? Esperamos as vosas novas.
Esta semana traemos varias propostas que agardamos vos gusten.
A máis importante é a de que lle fagades chegar a Rebeca mensaxes de ánimo. Pero farémolo de xeito moi especial: Con flores. O noso proxecto de plástica, galego e naturais será crear un xardín fantástico cheo de flores e bos desexos.
Vainos axudar o escritor Neira Vilas. Un dos últimos poemarios que vos dedicou, chámase “O xardín de Irene”. Lede os poemas e veredes cantas ideas nos van dar!
O voso xardín pode ser real ou imaxinario. Podedes facelo plantando, debuxando, pintando con pincel, construíndo unha maqueta, confeccionando as plantas e as flores con papel, cartón, plastilina, teas, fíos, sementes ou pauciños. Tamén podedes incluír animais. Deixade voar a vosa imaxinación. E non esquezades as mensaxes.
Sería marabilloso que vos animarades a escribir un poema!
Agardamos con impaciencia os vosos traballos!
Que teñades boa semana! Ata pronto! Biquiños!
Para esta semana tendréis unas fichas de vocabulario básico con ll y j, actividades de comprensión lectora y para divertirnos:
unas adivinanzas, una retahíla, un trabalenguas, un poema y una oca ortográfica.
Y dos juegos interactivos: Sílabas trabadas “dr” y “tr” y Vamos a jugar a las rimas.
¡Ánimo!
Practicareis con unas restas llevando y resolución de problemas.
Además tenemos dos juegos:
un juego de tarjetas con desafíos matemáticos
una actividad interactiva: El avión de las sumas
¡Esperamos que os gusten!
Te atreves con la oca … De ratón a ratón y tiro porque molo mogollón.