Rumbo ao universo

A partir da adopción de dúas pezas cosmolóxicas (un telurio astronómico e unha esfera armilar), os alumnos de 3º EP iniciámonos no eido da astronomía: investigamos, puxemos en marcha os trebellos e entendemos dun xeito moito máis sinxelo o noso máxico universo.

O telurio astronómico é unha maqueta do sistema formado polo Sol, Terra e Lúa. Ao accionalo a través dunha manivela, podemos comprender de xeito visual que é o movemento de rotación, de translación, a sucesión do día e da noite, as estacións, as eclipses, as fases da lúa... Moreas de nocións grazas ao trebello!

A esfera armilar é un modelo do cosmos. Trátase dun aparello con aneis que xa usaba na Antigüidade (Grecia) para estudar a posición dos astros.

A partir disto, viaxamos ata o Planetario da Coruña e o Observatorio de Forcarei, onde da man de expertos ampliamos coñecementos para argallar unha exposición no centro, con calendarios lunares, constelacións e un planetario propio inclusive!

3º Educación Primaria

Fotos Universo.mp4

Rumbo ao universo

Presentacion peza Telurio 3ºA-EP.mp4

Presentación do Telurio. 3º A

Presentación peza Esfera Armilar 3ºB-EP.mp4

Presentación da Esfera Armilar. 3º B

Exposicións Sistema Solar 3ºA.mp4

Exposición Sistema Solar. 3º A

Exposicións Sistema Solar 3ºB.mp4

Exposición Sistema Solar. 3º B