Educación Física

Vídeos para ver, aprender e practicar

Antes de practicar cada vídeo lede as indicacións. Deberedes ter en conta o voso nivel de adestramento, idade e condición física.

  • Lembrade quentar e estirar sempre. Xa o deberíades facer sen axuda, é como facemos na clase.

  • Aprendede os movementos antes de facer repeticións.

  • Velocidade baixa ó principio.

  • Os movementos complexos ou "raros"requiren un nivel elevado de adestramento.

  • Ante a dúbida, mellor non facelo.

  • Se tedes unha smart TV buscade o enlace en Youtube, é mais cómodo mirando unha pantalla grande.

  • Sempre intento poñer vídeos que expliquen as posicións correctas para non facerse dano, se buscades pola vosa conta tede este factor sempre en conta.

  • Hai exercicios de todo tipo, ide variando ó longo da semana.


Por si queredes estar á última en temas de aptitude física podedes consultar estos blogs:

Estas palabras de Guillermo Alvarado nos poden axudar a elexir dentro do amplo mundo da saúde.

"Cada vez que alguien te diga que lo que estás haciendo puede perjudicar tu salud, sobre todo si intenta venderte un remedio o alternativa, no dudes y pídele la literatura científica detrás de tales afirmaciones. En investigación hay un dicho que afirma que “grandes afirmaciones requieren grandes evidencias” y parece que con tal de vender un producto, servicio o formación muchas veces se hacen afirmaciones gratuitas sin apenas respaldo. Cada vez que escuches que algo está demostrado científicamente, no lo dudes y pide el documento. Ten presente que para que un estudio tenga credibilidad, debe estar indexado y haber sido publicado en una revista científica. Los estudios internos de las propias empresas o interesados, no publicados o indexados carecen de validez científica".

Un pouco de baile. Se tedes videoconsola xa coñecedes Just Dance. Probade con estos enlaces ou escollede outros que vos gusten:


Tedes un pau de escoba na casa?

Pois a facer os exercicios que vos propón. Teóricamente é un quecemento, pero se alguén non entrena de xeito habitual igual cansa un pouco.

Estiramientos dinámicos

Escollede os máis doados.


Para que serve, profe?

Moit@s cando estamos a traballar a expresión corporal me preguntades :"para que serve?"

Espero que o averiguedes vendo o vídeo

Non estaría de máis que vos puxérades diante do espello a practicar os diferentes xestos.

Planchas para tódolos gustos

Importante: facer o entrenamento adapatado ás nosas capacidades. Utilizar só 3-4 exercicios de planchas en cada sesión. Primeiro os doados, coma os que fixemos nas clases. Máis adiante os que teñen movementos, apoiamos só unha das mans, pequenos saltos ou elevados (os da suspensión necesitades material e son máis avanzados). É bo que os combinedes con outros exercicios tipo Burpee, os de coordinación e ritmo. Lembrade estirar ó final. Se tedes algunha dúbida preguntade.

Coordinación e axilidade

Coma sempre, escollemos os máis doados, aprendémolos a facer e se nos saén ben aumentamos a velocidade.

Para tódolos cursos

O exercicio do rolo podedes facelo cunha esterilla de acampada ou no apoiabrazo do sofa (se vedes que é axeitado), para o outro un envase de leite serve.

Coordinación básica de aerobox

Para os que os movementos de aerobic resultan complicados podemos comenzar con estos

Quen dixo que o ioga non pon en forma.

Para os "tronquitos" da clase


Se tes puntería cun colchón chega

Argallade algo para poder practicar exercicios con balón/pala

A prefe do profe

Esta rapaza é unha máquina. Na súa canle podedes atopar de todo e tamén podedes practicar o voso English. Ollo a maioría deles son para xente cun nivel avanzado de entrenamento. Facede só os máis doados.

Para tódolos cursos

Probade cada día unha rutina diferente ata ir collendo soltura

Para tódolos cursos



Xogo de pés

Os que non entrenades de xeito habitual, ó principio, non fagades saltos á pata coxa. Escollede 3 ou 4 exercicios cada día, os máis doados primeiro, aprendelos e non fagades moitas repeticións.

Se o facedes no corredor poñede o cartel de PERIGO!!




Propiocepción

Podedes empezar traballando os exercicios que non precisan de material. Se non tedes unha pelota podedes pasar un coxín ou unha pelota feita con xornais metidos dentro dunha bolsa de plástico. Os que non entrenades de xeito habitual, ó principio, non fagades saltos á pata coxa. Podemos utilizar unha esterilla sen enrolar de todo para provocar o desequilibrio.

Titorial nós: ballestrinque, chan, as de guía e 8 simple e dobre.

Para qué serve cada nó:

Chan: unir dúas cordas do mesmo grosor ou asegurar unha corda arredor dun obxecto.

Ballestrinque: para suxeitar unha corda a un poste. Se non ten tensión constante pode soltarse.

8 dobre: para amarrar a corda de escalada ao arnés.

As de guía: atar unha corda a calquera tipo de soporte (poste, anilla...). Non se solta e se desfai ben aínda que se aprete moito.

Lembrade que na náutica as cordas se denominan cabos.


Ritmo nivel avanzado

Para os que xa fixéchedes aerobic en 3º da ESO. Se non temos moita coordinación, só as pernas