A raíz destos problemas, xunto coa boa iniciativa do actual goberno que pretendía reparar esta pistas(Proceso actualmente en marcha) o colectivo veu unha grande oportunidade para dialogar co goberno e tratar de chegar a un acordo sobre unha mellora do skatepark. A partir dese intre e grazas a axuda da
Asociacion de skate de Pontevedra a cal nos permitiu contactar co goberno local puidemos presentar o noso proxecto. Tras un par de reunións cun concelleiro ábrese a posibilidade de construir un novo skatepark que se axuste as novas necesidades do colectivo (o incremento de xente que practica estos deportes, e dunhas instalacións mellores), e para isto requíresenos que se organice aos usuarios de forma legal (En forma de asociación) para ter representación no concello. Así é como creamos Moaña Xtreme, que nace para loitar por ese novo skatepark no lacalidade de Moaña e que a través deste proxecto pretende expandir a súa actividade ás comarcas locales e a outros proxectos novos, ademais de dar unha maior visibilidade e expandir os nosos deportes preferidos.