Nacín en Málaga e dende entón levo intentando, sen moito éxito, fuxir do frío.
Actualmente son Profesora Axudante Doutora no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Os meus dous principais intereses de investigación son a ambigüidade léxica e o papel da identidade da persoa falante e das relacións de dominación na comunicación, tanto na interpretación como na produción lingüística.
Nos últimos anos espertei un interese especial pola investigación experimental. Unha parte importante do meu traballo consiste agora en formular preguntas sobre a comunicación que combinen a claridade conceptual e a precisión da filosofía da linguaxe coa evidencia que achegan a pragmática experimental e a pragmática do desenvolvemento.
Podes consultar máis información sobre os meus intereses de investigación e os estudos nos que participo AQUÍ.
Non dubides en escribirme. Estarei encantada de conversar, aprender e colaborar!
Kontaktua: