O IV Campus-concurso de dirección terá lugar do día 20 ao 23 de agosto de 2025. Esta actividade formativa é parte da programación que pretende inundar as históricas rúas de Lugo, cidade máis antiga de Galicia, con actuacións en vivo de estilos moi diversos.
Cada día ofrecerase un concerto diferente, onde as persoas participantes poderán demostrar os coñecementos adquiridos.
No curso preparase un repertorio en ensaios con diversos grupos:
Big Band
Grupo de corda
Ensemble xuvenil
Alén do alumnado de perfeccionamiento, tamén ten cabida o alumnado de iniciación e ouvinte.
As persoas participantes poderán aprender baixo a tutela do maestro Cristóbal Soler
PREMIOS DO CONCURSO DE DIRECCIÓN
Director/a musical asistente nunha das producións da V edición do Festival de Ópera Culler Arts.
Un vale por 1.500€ en material musical, cedido por Musical Pontevedra
Bolsa para asistir a unha Masterclass de dirección ofrecida polo CSM de Galicia no curso académico 25-26
Proximamente publicaremos as bases en galego. Polo momento, podes consultar as bases en castelán.
Aínda que o prazo de inscrición finalizou, o formulario continúa aberto para ouvintes e para inscricións tardías (consultar previamente coa organización). Si tes algunha dúbida, podes contactarnos na conta musicocrisanto [en gmail.com] ou ben musicfestivallugo [en gmail.com].