Perfil

Retrato feito por Óscar Villán

Nado en Pontevedra (1971), case todo o seu tempo de vida pasouno no rural; pouco amigo das urbes, agás coma turista. Gaña a vida coma mestre de Secundaria, ensinando lingua e literatura castelá, profesión que, por sorte, exerce con gusto. Leu moito e imaxinou máis, e de resultas escribiu un algo, sempre máis escaso e peor do que tiña creado na mente.

Cofundou e dirixiu Libro de notas.

Paséase por Twitter (aínda) coma @marcostaracido e por Mastodon coma @marcostaracido@mastodon.gal, máis coma flâneur (abesourón?) que dun xeito activo.

[Versión castelá]