Este é o primeiro curso que participamos no programa de BIBLIOTECA CREATIVA, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos .
Desde este espazo, cada mes lanzaremos un reto para realizar no espazo da biblioteca na hora semanal marcada que ten cada titor.
Unha vez conseguido o reto, será entregado a clase un diploma pola participación na actividade realizada.
Neste blog, iranse mostrando os retos realizados nos distintos meses, a modo de resumo e ca finalidade de darlle publicidade para que todos e todas vexades o ben que o pasamos!