Uso dirixido e autónomo de internet para a busca de información.
Uso de ferramentas de busca específicas de internet: motores de busca, directorios, buscadores internos...
Realización de buscas guiadas e pautadas.
Realización de acotacións ou ampliacións de termos de busca con operadores lóxicos ou booleanos.
Identificación das palabras clave para a consulta.
Consellos para buscar na rede
Os BUSCADORES clasifican e organizan a información. Existen moitos buscadores (GOOGLE, YAHOO, ASK, BING...) e cada un emplea os seus criterios de busca.
Para facilitar as buscas escollee as palabras claves, escríbeas con minúscula e non poñas tildes.
Podes facer buscas avanzadas para que sexan mellores os resultados.
Os operadores lóxicos ou booleanos son palabras ou símbolos que cnectan de forma lóxica conceptos ou grupo de termos para poder ampliar, limitar ou definir buscas.
Operadores de presencia (+, &, AND): os resultados inclúen todos os termos, independientemente da súa orde.
Operador de exclusión (NOT): os resultados conteñen unicamente o primerio termo pero non o segundo.
Operadores de alternancia (OR): os resultados amosan, polo menos, un dos termos.
Comillas: para facer buscas de epersións exactas.
Práctica I
Busca en diferentes buscadores un mesmo contido, por exemplo, "árbore". Compara as buscas: número de resultados e orde.
Busca como se chama a "sobreira" en castelá. Que fonte utilizaches?
Práctica II
Identifica as palabras clave sobre o tema que estás a indagar.
Busca na rede información sobre ese tema empregando as palabras clave. Utiliza os operadores booleanos para facer a busca.