Stockfish é un motor de xadrez UCI (Interface de Xadrez Universal) de código aberto para múltiples plataformas desenvolto por Tord Romstad, Joona Kiiski, Marco Costalba e Gary Linscott, coa colaboración da comunidade de desarrolladores de código aberto. Stockfish orixínase a partir doutro motor GPL chamado Glaurung, que foi desenvolto polo noruegués Tord Romstad. En novembro de 2008, o italiano Marco Costalba escribiu Stockfish 1.0 a partir do código fonte da versión 2.1 de Glaurung. Logo, uníronse ao proxecto Joona Kiiski e o propio Tord Romstad dando por terminado Glaurung.
Icona da primeira versión da I.A. StockFish
Novamente, aquí atoparedes un vídeo informativo sobre a designada I.A., neste caso, sobre a patida contra AlphaZero:
O 4 de decembro de 2017, Stockfish 8 (versión do ano 2016) enfrontouse ao módulo AlphaZero desenvolvido por Google DeepMind, que se basea en aprendizaxe reforzada e redes neuronais (intelixencia artificial). Enfrontáronse nunha serie de cen partidas, a metade xogando con brancas e a metade con negras. O resultado foi que AlphaZero gañou 28 e fixeron táboas en 72. Para logralo, AlphaZero tan só necesitou coñecer as regras do xogo e 4 horas de adestramento xogando contra si mesmo.