A integración é un proceso no que tanto as persoas migrantes como a sociedade de acollida participan activamente. Isto pasa, necesariamente, pola creación de espazos de interacción e diálogo entre diferentes culturas, o acceso igualitario a dereitos e oportunidades sen renunciar á propia identidade cultural, e o recoñecemento da diversidade como un elemento positivo que enriquece a sociedade.
Non é o mesmo que asimilación. Isto é, cando se lle exixe ás persoas migrantes que abandonen a súa identidade cultural para encaixar nunha nova sociedade. Tampouco a entendemos como segregación: cando se relega ás persoas migrantes a espazos illados, sen un contacto real coa poboación autóctona. Mais o multicutiralismo pasivo tampouco é integración, é dicir, cando se dan dinámicas nas que ‘se acepta’ a presenza de persoas migrantes, pero non se lles recoñece as súas contribucións nin se promove unha verdadeira inclusión social que as teña en conta.