Ana e Raquel non levan máis de 6 meses en Galicia, e aínda así, xa falan galelo con orgullo. Aínda que din que se "traban" con algunhas palabras van a clase todas as semanas.
Ambas son traballadoras do fogar, viñeron de Honduras e Colombia en busca de asilo político e hoxe, grazas a unha asociación entre Faladoiros Vigo e SINTRAHUCO, asisten ás leccións que lle permiten comunicarse coas persoas que coidan con maior facilidade.
Elas son só un par dos máis de 150.000 estranxeiros que viven actualmente en Galicia. Afeita a ser terra de emigrantes, hoxe chama a atención a cantidade de persoas que chegan para quedar na terra celta. A porcentaxe de poboación non nada en España que reside na comunidade pasou do 3.2% en 2013 a máis de 5% no 2023. E, aínda que a porcentaxe non é tan representativa como en Cataluña ou Madrid, onde se achega ao 15%, o certo que cada vez contamos con máis veciñanza que naceu noutros lugares do mundo.
As aulas de galego están sendo unha ferramenta fundamental no seu proceso de de adaptación pois as axudan tanto no proceso burocrático de empadroamento e concesión do asilo como na comunicación " unha ferramenta que nos axuda a comunicarnos coa xente, sobre todo aqueles de idade adulta maior", menciona Raquel.
Sobre a sús experiencia sinalan, ademais, que "a medida que una va escuchando le va agarrando sabor a la lengua galega" e que a Raquel o esposo dende Honduras mándalle agora textos en galego para practicar xuntos.
Ambas pertencen a SINTRAHUCO, un sindicato estatal de traballadoras do fogar e amas de casa que se viu a desenvolver en Vigo. Os seus principais cometidos son ser un espacio de formación e encontro de traballadoras, actuando como asociación, pero tamén defender os dereitos laborais das socias, actuando como sindicato.
A iniciativa das clases levouse a cabo logo de que moitas das mulleres pertencentes ao sindicato expresasen a necesidade de poder comunicarse coas persoas coas que traballan ou ás que coidan. "Unha delas díxome: 'Es que me da ilusión aunque sea que me enseñen las canciones en gallego, porque la señora tiene Alzheimer y hay veces yo le digo que cantemos alguna canción y ella me sale con canciones que no son en castellano'", relata Elizabeth, presidenta de SINTRAHUCO.
Tanto Ana como Raquel, chegaron dos seus países escapando de situacións de violencia. Son solicitantes de asilo de protección internacional e, aínda que non tiñan unha relación anterior con Galicia, Ana asegura "eu síntome coma se estivese en Colombia", pola súa banda, grazas á súa proximidade co mar, Raquel tamén se sente próxima ao fogar.
Actualmente continúan coas leccións de galego e, ademais planean aprender un pouco de historia e gastronomía local. Tamén participaron na festa da Reconquista con algúns pratos típicos que fixeron para vender.
Pero non todos veñen polas mesmas razóns. Alexandre Teixeiro, uruguaio de crianza, leva en Galicia desde o 2022, e desde antes da súa chegada xa falaba galego.
Co plan Galicia retorna e os seus 100 programas de actuación, máis de 28.000 galegos retornaron a terras celtas para facer delas o seu fogar.
Xandre, como lle gusta que o chamen, fai parte deses galegos retornados. A pesar de nacer en España, na provincia de Castelló, dende moi novo viviu noutros países e, desde os seus 6 anos foi criado en Uruguay, de onde é a súa nai.
No país de América, en busca das raíces do seu pai galego (a quen non coñeceu), aprendeu a lingua nunha das primeiras institucións americanas onde era posible certificarse. E, no 2022, cando regresou a Galicia, non dubidou en inscribirse a baile galego.
Aínda que o gozou dende o principio, "sinto que cheguei tarde á repartición, ao non aprender —polo menos bases— cando era pequeno, a diferenza dos meus compañeiros", menciona. "Xeroume algunhas inseguridades e fíxome pensar que nunca o faría como un local. É un desafío sentir que pertences alí", dice.
A pesar de todo, e de ser foráneo, declárase fiel defensor dos valores culturais galegos, preocúpalle a perda de galego-falantes. De feito, segundo o IGE, os falantes habituais de galego pasaron do 35% no 2008 ao 25% no 2023. Aínda así, el esfórzase por falar a lingua, mesmo cando algúns, ao escoitar o seu acento, cambian inmediatamente a castelán. Adoptou a cultura galega como súa.
Do mesmo xeito, Tomás Gesto, considera que a verdadeira integración só ocorre cando fas unha adopción consciente dos valores do lugar ao que chegas. El, do mesmo xeito que Patricia e Ailin tamén son descendentes de galegos, que chegaron á terra celta a completar unha viaxe de retorno que nunca puideron facer os seus antepasados.
Os tres están en clases de pandeireta. Dende chamadas emocionais das propias raíces por parte de Patricia, a unha conexión entre a modernidade e o pasado por parte de Tomás, estes novos galegos tómanse os escenarios e as foliadas como parte do seu proceso de integración, sen perder de vista os lugares dos que veñen.