Inicio curso

2020-2021

CPR Sagrado Corazón de Celanova

Indicacións xerais para as familias.

Modificación do horario para o alumnado de educación infantil e primaria no curso 2020/2021.


A partir do 5 de outubro a xornada lectiva desenvolverase no seguinte horario:

Educación Infantil e primaria: 9:30h a 14:30h.

ESO: luns 8:40h a 13:20h e de 15:20h a 17:00h. Resto dos días de 8:40h a 14:20h.


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (comezo o luns 5 de outubro).

COMEDOR

  1. Infantil e E. Primaria e ESO (excepto os luns) de 14:30h a 15:30h.

  2. ESO: luns de 13:20h a 15:20h.

ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN

Todos os días de 15:30h a 17:00h.

ATENCIÓN MATINAL

De 8:40h a 9:30h. Adminisión de alumnos ata as 9:00h.

Entrada polas mesmas portas de acceso diario.


Rogamos comuniquen, a través da nosa aplicación Tokapp, a súa participación nestas actividades.

COMEZO DE CURSO ESO

Nas portas haberá profesores que guiarán aos nenos e daranllas indicacións que precisen para cumprir coa separación de seguridade e xel para limpar ás mans.

1º e 2º ESO

Día 23 de setembro.

Primeiro día de clase 23 de setembro de 2020. HORARIO SETEMBRO.

1º e 2º ESO: Entrada ás 9:00h e saída ás 13:50h pola PORTA 2 (porta Xardín das Monxas).

Os alumnos que queden ao COMEDOR sairán ás 15:00h.

Nas portas haberá profesores que guiarán aos nenos e daranllas indicacións que precisen para cumprir coa separación de seguridade e xel para limpar ás mans.

3º ESO

Día 24 de setembro.

Primeiro día de clase 24 de setembro de 2020. HORARIO SETEMBRO.

3º ESO: Entrada ás 9:00h e saída ás 13:50h pola PORTA 3 (portalón verde).

Os alumnos que queden ao COMEDOR sairán ás 15:00h.

Nas portas haberá profesores que guiarán aos nenos e daranllas indicacións que precisen para cumprir coa separación de seguridade e xel para limpar ás mans.

4º ESO

Día 25 de setembro.

Primeiro día de clase 25 de setembro de 2020. HORARIO SETEMBRO.

4º ESO: Entrada ás 9:00h e saída ás 13:50h pola PORTA 3 (portalón verde).

Os alumnos que queden ao COMEDOR sairán ás 15:00h.

COMEZO DE CURSO PRIMARIA

Os alumnos con irmáns no centro poderán esperalos dentro do colexio, ata a saída do irmán maior.



Nas portas haberá profesores que guiarán aos nenos e daranllas indicacións que precisen para cumprir coa separación de seguridade e xel para limpar ás mans.

O primeiro día...10 de setembro

Primeiro día de clase 10 de setembro de 2020. HORARIO SETEMBRO.

4º e 5º de Educación Infantil: Entrada ás 9:30h e saída ás 13:30h pola PORTA 1 (porta principal do cole).

* 3 anos en período de adaptación.

1º, 2º e 3º de Educación Primaria: Entrada ás 9:10 e saída ás 13:50h.

1º e 2º entran e saen pola PORTA 1 (porta principal do cole).

3º entra e sae pola PORTA 2 (Xardín das Monxas).


Os alumnos que queden ao COMEDOR sairán ás 15:00h.

No centro hai XEL HIDROALCOHÓLICO en todas as aulas e dependencias e limparán as mans á entrada e saída de cada clase e á entrada e saída do recreo.


Todo o colexio está sinalizado: entradas, saídas e percorridos para manter as distancias de seguridade.

O primeiro día...11 setembro

Primeiro día de clase 11 de setembro de 2020. HORARIO SETEMBRO.

6º de Educación Infantil: Entrada ás 9:30h e saída ás 13:30h pola PORTA 1 (porta principal do cole).

4º, 5º e 6º de Educación Primaria: Entrada ás 9:10 e saída ás 13:50h.

4º entra e sae pola PORTA 2 (Xardín das Monxas).

5º e 6º entra e sae pola PORTA 3 (portalón verde).


Os alumnos que quedan ao COMEDOR sairán ás 15:00h.

PRIMEIRO DÍA Os nenos terán que vir coa súa máscara posta e outra de recambio nun estoxo. Os nenos traerán na súa mochila a merenda e unha botella de auga.

RECORDADE MARCAR TODAS AS COUSAS DOS NENOS E NENAS PARA IDENTIFICALAS.

O resto das indicacions serán dadas os seus mestres a través do Tokapp e na aula os primeiros días de curso.

COMEDOR

Servizo de comedor dende o primeiro día.

Os alumnos avisarán á primeira hora á encargada de comedor para poder empregar este servizo na primeira xornada .


COVID19 - Os alumnos estarán sentados en grupos de convivencia ou por cursos, cumprindo as distancias de seguridade e seguindo as indicacions do protocolo oficial da Xunta de Galicia.

RECREOS E MERENDAS

Durante os recreos os alumnos estarán divididos por grupos de convivencia e, na primaria, separados por cursos e grupos, seguindo os protocolos ante o COVID19.

No patio os rapaces tomarán a súa merenda e beberán da súa auga.

O noso espazo exterior é moi amplo e témolo xa debidamente sinalizado e dividido para que os nenos e nenas poidan gozar no aire libre.

ATENCIÓN MATINAL

Teremos servizo de Atención Matinal. O alumnado de Primaria estarán na súa aula e no seu lugar da clase.

As nenas e nenos de Educación Infantil estarán nas súas aulas co seu grupo de convivencia seguindo as instrucións oficiais da Xunta de Galicia.


EXTRAESCOLARES

Como todos os anos as nosas actividades extraescolares están programadas e na axenda disporán dos horarios e o impreso de matriculación.

COVID19: A súa posta en marcha está á espera da notificación das autoridades. Informaremos próximamente.

SINALIZACIÓN

Todos os espazos do colexio están perfectamente sinalizados para facilitar a distancia de seguridade e a circulación polo centro.

Os baños teñen aforo limitado sinalizado.


MASCARILLA

O seu uso é obrigatorio a partir dos seis anos e recomendable nos nenos e nenas menores de esta idade.


ENTRADAS E SAÍDAS

As entradas e saídas faranse de maneira organizada e este ano temos habilitadas 3 entradas.

PORTA 1: entrada principal.

PORTA 2: xardín das Monxas.

PORTA 3: portalón verde.


AULAS NO EXTERIOR

Queremos que o noso alumnado goce do aire libre e intentaremos, sempre que o tempo o permita, estar no exterior, no so nos recreos tamén para dar clase.

As aulas saen fora!