QUE É O PROGRAMA ERASMUS+?
É un programa de mobilidades internacionais que consiste na adxudicación de Bolsas Erasmus+ destinadas a realizar mobilidades o profesorado e membros do staff nun país da Unión Europea.
QUEN PODE SOLICITALO?
Pode solicitar unha bolsa Erasmus+ calquera do cadro de persoal dos Ciclos Formativos de Formación Profesional do IES A Pontepedriña, sempre que teñan vinculación co centro no momento da mobilidade.
CANDO E COMO SE SOLICITA?
No mes de novembro de cada ano abrirase o prazo de inscripcións para solicitar a bolsa.
Para inscribirse, o profesorado deberá cubrir un formulario de inscrición que atopará nesta web, e adxuntar a súa proposta de mobilidade. Realizaremos charlas informativas que serán anunciadas polos medios habituais (email, taboleiro de anuncios, páxina web...).
EN QUE CONSISTE O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL ERASMUS+?
Os profesorado interesado deberá elaborar unha proposta das súas actividades a realizar durante a mobilidade Erasmus+. Pode consistir na visita a un centro educativo, empresas do sector no que imparte docencia, asociacións, centros de investigación etc. Será a persoa interesada quen debe elaborar a proposta.
Unha comisión de avaliación valorará as propostas candidatadas tendo en conta estes criterios:
Antigüidade no centro
Competencia lingüística
Idoneidade da proposta e repercusión na comunidade educativa
Atendendo a ese criterios crearase unha lista e adxudicaranse as bolsas seguindo esa orde.
PODE REALIZARSE UNHA MOBILIDADE ERASMUS+ CON OUTRA PERSOA DO STAFF?
Sí, varios profesores/as poden coordinarse para realizar a súa mobilidade conxuntamente entregando unha mesma proposta, aínda que participarán no proceso de selección de xeito independente.
Tamén é posible coordinarse para realizar a mobilidade con compañeiros/as doutros centros, pero cada persoa solicita a súa praza no seu centro.
ONDE SE PODE REALIZAR A ESTADÍA NO EXTRANXEIRO?
Nos proxectos actuais, en calquera país da Unión Europea.
Se resultar de interese outro destino, cómpre comunicalo con antelación para o IES A Pontepedriña incorporarse a novos proxectos ou mobilidades.
CANTO DURA A ESTADÍA NO ESTRANXEIRO?
Asegún o proxecto: nos actuais, 5/7 días para profesorado de ciclo superior e 7 días para profesorado dos ciclos medio e básico.
Porén, é posible solicitar estadías de 2 días a dous meses, polo tanto, estamos dispostos a estudar calquera situación.
CANDO SE REALIZA A ESTADÍA NO EXTRANXEIRO?
Preferiblemente no terceiro trimestre do curso escolar.
CANTO PERCEBE DE BOLSA ERASMUS+ O PROFESORADO DE FP (CICLO MEDIO E BÁSICA)?
Os profesorado percebe o apoio individual para persoal + contribución por costes de viaxe; as contías están tabuladas en función da distancia e da duración da viaxe. Pódese calcular o importe da bolsa consultado o seguinte ENLACE.
Como norma, percibirase o 80% do total ao inicio da mobilidade e o 20% restante ao final.
CANTO PERCIBEN DE BOLSA O PROFESORADO DE CICLO SUPEROR?
Os profesorado percibe o apoio individual para persoal + contribución por costes de viaxe; as contías están tabuladas en función da distancia de destino e da duración da estadía. Pódese calcular o importe da bolsa consultado o seguinte ENLACE.
Percibirase o 80% do total ao inicio do Erasmus+ e o 20% restante ao final da mobilidade.