EXPERIENCIAS

1ª SAÍDA 28/09/2022:  Feira de Emprego e Formación. Carballo.

Puntos a destacar 

O pasado 28/09/2022 tivemos a oportunidade de asistir a primeira Feria de emprego e formación en Carballo. A finalidade do evento era aproximar o mundo laboral e académico e alinear oferta e demanda de emprego e formación.

A conferencia inaugural foi da man de Venancio Salcines Cristal, economista, empresario e profesor universitario, que exerce como director xeral do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) e presidente da Escuela de Finanzas. A conferencia de Venancio Salcines foi inspiradora e motivadora tanto como para xóvenes emprendedores e estudantes como para empresarios que xa teñen anos no negocio. Quedámonos co regalo dun binomio que pon de manifesto o seu amplo vagaxe e que sen dúbida nos resultou moi alentador: CRISE=OPORTUNIDADE.

Ao longo da mána tivemos a oportunidade de interactuar con varias empresas da comarca como PLACASA, METALURGICAS BB, LEGUMBRES MORGADE, TAMASO E VAZQUEZ Y REINO, ASPABER, NASCAR ENTRE OUTROS e asistir a diferentes charlas para coñecer un pouco máis as posibilidades da DP DUAL e os certificados de profesionalidade.

Pola tarde, asistimos a dúas mesas redondas: 1) A xestión do talento nas empresas do polígono e 2) O novo ecosistema laboral, retos e tendencias que puxeron de manifesto as necesidades das empresas a evolución do mercado laboral, tanto no referente as esixencias de formación como os instrumentos para reter o persoal.

A clausura foi da man de Evencio Ferreiro e Antonio Fontela Ramil.

19/10/2022  Compartindo experiencias do ciclo de comercio internacional

Nesta xornada tivemos a oportunidade de contar con Miguel Fraga, exalumno do IES Alfredo Brañas, que posteriorme cursou o Ciclo de Comercio Internacional, finalizando con éxito o mesmo no ano 2019. Aproveitamos para que nos achegara a súa experiencia recente e opinións xeradas durante a realización do ciclo sobre o contido dos módulos e as prácticas en empresa. Así como, as oportunidades  profesionais e aprendizaxes que lle aportou ter cursado este ciclo.

Sesión formativa das estratexias de  Márketing Internacional

12/12/2022

Nesta charla achegaronnos de primera man unha análise das diferentes campañas de márketing empregadas por grandes compañías internacionais, coa finalidade de entender  o por qué  das estratexías e o impacto das mesmas.

20/12/2022  Taller creativo de Márketing

O taller foi de carácter práctico involucrando dende o momento cero ao alumnado, unha sesión moi divertida e dinámica donde se interiorizou a relevancia do cliente dentro do plan de márketing.

Xornada para compartir experiencias do ciclo

19/01/2023

Nesta ocasión contamos coa participación de Vanessa Ramos, con mais de 15 anos de experiencia no sector loxístico, contounos a súa traxectoria dende que terminou o Ciclo de Comercio Internacional ata o momento actual.

Actualmente desempeña a labor de forwarder especializada no sector marítimo. 

Eduemprende - Programa Actúa  09/03/2023

Para fomentar as habilidades sociais dentro do ámbito do emprendemento contamos coa colaboración nunha emprendera da comarca,  Verónica Rodríguez da consultoría Promove. 

O alumnado participou nun taller práctico, resultando unha sesión moi participativa, dinámica e integradora que favoreceu o autocoñecemento  e axudou a potenciar as habilidades sociais, indipensables para o futuro profesional do alumnado.

FP Innova Galicia

Congreso de innnovación na formación profesional

24/04/2023

O alumnado participou no obradoiro Tecno-aula e Grafi-aula, ademáis de explorar o resto dos stands do congreso.




Visita ao Porto Exterior da Coruña e a Lonxa




19/04/2023

Visita ao porto da Coruña onde nos informaron en detalle das características e dimensións do porto, operativa, principais mercadorías e obxeto das mesmas... En definitiva unha visita cun gran valor engadido.

EdutecEmprende

Visita a Anfaco CECOPESCA en Vigo 04/05/2023

Neste caso tivemos a oportunidade de visitar un centro de I+D+i onde María Padín, recibiunos na entrada do centro tecnolóxico e dounos un recorrido polas instalacións.  Rematando no Museo ANFACO onde poidemos ver verdaderas xoias da historia de ANFACO e da industria conserveira.

Compartindo experiencias

  30/11/2023

Tivemos a oportunidade de escoitar a Aldara Palmeiro, ex-alumna dun ciclo superior de Comercio Internacional, que se achegou ao noso centro a compartir a súa experiencia formativa e profesional: por qué decicidiu cursar este ciclo, qué espectativas tiña e con qué realidade se atopou.

Aldara animou ao alumnado a buscar a súa área profesional valorando cada pequena experiencia que lles ofreza o entorno académico e laboral. Tamén resaltou a versatilidade da formación recibida no ciclo para encamiñar a súa vida profesional en liña coas súas propias inquedanzas persoais.

Agradecemos a Aldara o tempo que nos adicou así como a súa sinceridade á hora de compartir con tod@s nós a súas vivencias e anécdotas profesionais.

Charla sobre primeiros auxilios

Cruz Vermella,  14/12/2023

O alumnado do Ciclo Superior de Comercio Internacional asistiu a unha interesante formación sobre primeiros auxilios impartida de xeito moi ameno, por Alejandro Fernández, técnico procedente do Centro de Formación de Cruz Vermella de A Coruña.

Dende a conducta PAS (Protexer, Avisar e Socorrer), pasando por exemplos prácticos sobre cómo actuar situacións de accidente, caídas, cortes, hemorraxias, así como outro tipo de urxencias comúns.

Formación transversal que tanto ao alumnado como ao profersorado aistente lle permitirá xestionar unha urxencia deste tipo de maneira máis eficiente.

Visita ao Porto de Vigo

27/2/2024


Achegámonos ao Porto de Vigo, para coñecer da man de Jesús G., as instalacións portuarias.

.

Unha interesante visita que nos permitiu coñecer a actividade do Porto Pesqueiro e as Lonxas de baixura e altura. Tamén nos achegamos á Área Portuaria de Bouzas, para ver a Terminal Ro-Ro, onde Jesús nos facilitou información sobre a capacidade desta terminal e o tipo de vehículos que se movilizan, tanto de importación como de exportación.



Rematamos a visita na Terminal de Contedores, guiados neste caso, por Pablo González, director de comunicación de Grupo Davila, quen nos explicou aspectos importantes sobre a loxística e o transporte en contedores.

Agradecemos a todo o personal da Área Portuaria de Vigo, a súa boa acollida e a atención prestadas.

https://www.termavi.com/visita-del-ies-carballo/

Visita ás instalacións de Gadisa

Betanzos, 5/3/2024

Visitamos as instalacións da empresa galega GADISA, guiad@s nesta ocasión por Alexandra Kuntz, coordinadora de márketing dixital e contidos, e a responsable da RSC da empresa.


Explicáronnos o día a día da actividade loxística que conleva o suministro aos máis de 400 puntos de venda que se extenden ao longo de toda a comunidade galega e Castela e León, con cerca de 30.000 referencias na súa carteira de produtos.

Faláronnos, tamén, das orixes da empresa e das distintas liñas de negocio que manteñen actualmente, como as populares Gadis ou Gadis Hiper, e as, quizais menos coñecidas, Casa Claudio ou Manduka.

Nesta ocasión a alumnado do Ciclo Superior de Comercio Internacional, puido coñecer o interior a nave de frescos, mágoa que non foi posible visitar o almacén loxístico máis grande, quedando emprazados para o próximo curso.


Sinerxias I Empresa, Emprego e Territorio

Polígono de Bértoa (Carballo), 19/4/2024

Organizada pola Comunidade de Propietarios do Polígono de Bértoa, a segunda edición da feira do emprego a da formación, contou con máis de 20 entidades expositoras: empresas, organismos públicos e centros de formación, entre os que o noso IES participou cun pequeno stand. 


O alumnado de primeiro do Ciclo aproveitou a visita ao evento  para coñecer de primeira man  outros ciclos formativos e tamén empresas locais  nas que poder desenvolver nun futuro a súa actividade profesional.


Agradecid@s una ano máis pola invitación.