Xornadas: A IA e as fronteiras da
consideración moral
26-27 de setembro | Universidade de Santiago de Compostela
Xornadas: A IA e as fronteiras da
consideración moral
26-27 de setembro | Universidade de Santiago de Compostela
SOLICITUDE DE PROPOSTAS
Nas sociedades contemporáneas existe un debate sobre se as fronteiras da consideración moral deben estenderse para abranguer unicamente aos seres humanos ou se tamén deberían incluír aos demais animais dotados de sintiencia, que poden experimentar benestar ou malestar. Este é o obxecto da ética animal. Os actuais desenvolvementos na IA son moi relevantes neste ámbito, xa que poden favorecer que no futuro os animais (salvaxes ou en catividade) sufran danos moi notables, ou ben contribuír a que estes se reduzan.
Xunto con isto, nos últimos anos aumentou o interese pola cuestión de se algúns sistemas de IA poderían cumprir os requisitos para seren moralmente considerables. Unha das maneiras nas que isto foi debatido é formulando que, quizais, nalgún momento poderían chegar a posuír estados mentais (como sosteñen certas teorías da consciencia, como o funcionalismo computacional).
Estas xornadas teñen como obxectivo reunir a aquelas persoas interesadas en investigar sobre esta temática –desde calquera disciplina ou etapa profesional– no mundo de fala hispana, para discutir e fomentar proxectos relacionados coas seguintes preguntas:
Como os sistemas de IA actuais e futuros, especialmente os máis avanzados, poden beneficiar ou prexudicar os animais?
Que iniciativas poden implementarse para que os sistemas de IA punteiros actuais –como os modelos de linguaxe máis avanzados– ou outros futuros favorezan unha maior consideración dos animais, no canto de dificultala?
Poderían chegar a ser moralmente considerables algúns sistemas de IA? Que implicacións podería ter isto?
Que iniciativas se poderían levar adiante para que, no caso de existiren sistemas de IA susceptibles de recibir consideración moral, iso fose recoñecido a nivel social, e para que os sistemas de IA punteiros favorezan tal consideración no canto de impedila?
De que xeitos se pode fomentar a investigación sobre todas estas cuestións?
Cada un dos dous días de traballo do evento incluirá unha sesión para a realización de presentacións curtas a cargo das persoas participantes nas xornadas, seguidas dunha breve discusión. O resto das sesións dedicaranse ao traballo en grupo dirixido a
(i) o desenvolvemento e debate de ideas relacionadas coas preguntas indicadas anteriormente;
(ii) a xeración de ideas para proxectos conxuntos e outras iniciativas sobre estas; e
(iii) a planificación e coordinación desas iniciativas.
Venres 26 · Sala de Xuntas, Facultade de Filosofía (2º andar)
COMO A AI PODE AFECTAR OS ANIMAIS
16:00-17:10 · Presentacións
Joaquín Fernández Mateo · URJC
Cátia Faria · UCM
José Ramón Mallén · Animal Ask
Walter Sánchez Suárez · MfA
Iria Murado Carballo · USC
17:10 · Receso
17:20 · Debate conxunto. AI e animais: riscos e oportunidades. Presenta Oscar Horta · USC
18:00 · Receso
18:05 · Traballo en grupo. AI e animais: intervencións
18:25 · Debate. IA e animais: intervencións
19:20 · Receso
19:40 · Reunións e traballo en rede
20:20 · Fin da sesión
Sábado 27 · Sala de formación, Centro de Estudos Avanzados (Parque Vista Alegre)
RISCOS DE SUFRIMENTO E CONCIENCIA ARTIFICIAL
9:30-10:20 Presentacións
Blanca Rodríguez López · UCM
José Ramón Curbera-Luis · Univ. of St Andrews
Germán Massaguer Gómez · Univ.Carlos III
Pablo Neira Castro · Univ. de Granada
Pablo Sar · Univ. of Oxford
10:20 · Receso
10:30 Debate conxunto: Intelixencia artificial: riscos e oportunidades. Presenta Adrià Moret · Univ. de Barcelona
11:10 · Receso
11:20 · Traballo en grupo. Sentiencia artificial: intervencións
11:40 · Debate. Sentiencia artificial: intervencións
12:35 · Receso
12:55 · Preparación de proxectos futuros
1:45 · Conclusión
2:00 · Fin da sesión
ORGANIZA
Proxecto Wild Animal Ethics · USC
APOIAN
reFIA: Red Española de Filosofía de la IA
Facultad de Filosofía · USC
Instituto de Humanidades · USC
Fundación Ética Animal
Grupo de Innovación Docente en Estudios Animales en la Enseñanza · USC