Filosofía e bufón
Cuando Diógenes fue hecho prisionero y puesto a la venta como esclavo, el vendedor le preguntó qué sabía hacer, y este respondió: “Sé mandar. Mira a ver si alguien quiere comprar un amo”. Esta e outras anécdotas sobre os bufóns e a filosofía contanse en "Filosofía para bufones". Xa dixemos na introducción xeral ao tema sobre os bufóns, que na Antiguidade greco-latina, o filosofo e o bufón estaban moi proximos, como ilustra o traballo de Tito Asorey subtitulado "Entre Dionisos e Dióxenes".
No barroco o fenómeno da deformidade flúe entre os gabinetes de curiosidades (museos da ciencia avant la lettre) e o espectáculo.
A dia de hoxe, o fenómeno da "Nova Carne" ten unha orientación fundamentalmente filosófica, o que se reflicte en libros de filósofos que analizan este fenómeno, como por exemplo La nueva carne, Edición de Antonio José Navarro. Colección: Intempestivas (2002) ou Politicas de la nueva carne, de Jorge Fernández Gonzalo (2019)
Nova carne: concepto
A nova carne é un concepto que fai referencia a unha transformación do corpo humano normalmente formulada cunha finalidade filosófica, existencialista, ou incluso coa idea de perfeccionar o propio corpo.
N.C. no terror e na ciencia ficción
Frankenstein ou o moderno Prometeo, novela escrita por Mary Shelley
Películas como Metropolis de Fritz Lang, mostrábannos aos primeiros autómatas do cine; máquinas que imitan a forma e os movementos dun ser animado, e que darían lugar á figura dos cyborgs, que son criaturas compostas por elementos orgánicos e dispositivos cibernéticos. O obxectivo destes dispositivos é mellorar a parte orgánica a través da tecnoloxía. O audiovisual recurríu en moitas ocasións a esta idea en películas como Blade Runner, Terminator, Ex Machina ou o anime Ghost in the Shell.
De todos os directores de cine que trataron esta temática, destaca o canadiense David Cronenberg, que lle deu nome ao concepto na súa película Videodrome. Neste filme trata unha das súas obsesións: a fusión entre a carne humana e a materia inorgánica, enfocada en facer unha crítica aos medios de comunicación, a manipulación política e a revolución do video dos anos 80.
En Cronenberg a nova carne supón nunha transformación que se entende como necesaria para a evolución humana, pois plantexa a idea de que o corpo está obsoleto.
En The Fly, cóntanos a historia dun científico que se utiliza a
si mesmo nun experimento de teletransportación, o que da
como resultado unha transformación monstruosa do seu
corpo xa que na máquina que utilizaba introdúcese por erro
unha mosca. Esta idea lémbranos á historia de Frankenstein,
pero neste caso é o propio creador o que se ve afectado polo
seu experimento.
Na película Naked Lunch, Cronenberg
adéntranos nun mundo absolutamente
surrealista, a Interzona. A través das
experiencias de Bill Lee, un exterminador
de insectos convertido en escritor,
asistimos a unha viaxe na que se
mesturan as alucinacións, a adición por
sustancias tóxicas, a homosexualidade e
os desexos máis reprimidos. De novo
neste filme somos testigos da estética da
carne que tanto interesa a Cronenberg;
representada nun ser medio humano
medio réptil que habita a Interzona
(Mugwump) ou no insecto que se
converte en máquina de escribir e que nos
transporta a un imaxinario máis típico de
novelas de Kafka.
N.C. nas artes plásticas
A nova carne foi tratada tamén en artes plásticas, como a pintura, a fotografía ou o cómic.
Joel Peter Witkin é un fotógrafo estadounidense que adoita incluír nas súas fotografías cadáveres
ou partes de eles, persoas como enanos e hermafroditas e xente con deformacións físicas. Cando
Witkin era un neno foi testigo dun accidente aparatoso cuxo resultado foi a decapitación dunha
rapaza cuxa cabeza saíu rodando cara os seus pés. Tamén foi fotógrafo na Guerra de Vietnam, o que
explica a súa obsesión pola mutilación e a deformidade.
Para a súa obra The Kiss, Witkin pedíu permiso nun depósito de cadáveres de México para poder
dispoñer dun corpo e frotogafialo. Pasaron varios anos ata que finalmente llo permitiron e chegado
ese momento, entregáronlle nunha caixa unha cabeza partida en dúas metades. O autor limitouse a
colocar unha metade en fronte de outra creando a sensación de que se estaban a bicar.
A obra de artistas clásicos tamén supuxo unha fonte de inspiración para as fotografías de Witkin,
como O nacemento de Venus de Botticelli ou As Meninas de Velázquez.
No mundo do cómic tamén existen historietistas, como Charles Burns, que trataron este subxénero.
Na súa novela gráfica Black Hole, relata a historia dun grupo de adolescentes de clase media que,
durante o verán, contraen unha misteriosa enfermidade de transmisión sexual coñecida como ''o
insecto, o que lles provoca unha serie de mutacións bizarras e pasan a ser marxinados da sociedade.
Na novela gráfica Sin City, escrita por Frank Miller, queda reflexada a nova carne en Roark Junior:
esta personaxe secuestra a unha nena pequena e intenta violala e matala; pero John Hartigan, un
policía honesto, atrápao e dispáralle no seu membro, que a partir dese momento quedará inservible.
Para recuperalo sométese a procesos quirúrxicos e tratamento hormonal, pero isto deriva nunha
deformidade no seu corpo e nun cambio na cor da súa pel a un tono amarelo. Podemos apreciar que
neste caso a deformidade da carne é unha metáfora da propia vileza do ser humano.
No ámbito do deseño gráfico destaca a figura de Hans
Rüdi Giger, coñecido polo seu traballo na película Alien,
el octavo pasajero. Nas súas obras mostra formas
imposibles e mundos fantásticos e desoladores que nos
recordan a un pesadelo. Os seres que habitan este mundo
son coñecidos como biomecanoides, humanoides cuxo
aspecto se ve afectado polas máquinas; e que son, en
definitiva, o reflexo da inminente adhesión do corpo
humano coa máquina e a tecnoloxía.
A temática tratada por Giger comprende a convivencia
coas máquinas, a sexualidade e os cambios físicos e
espirituais, todo isto expresado dende un punto de vista
fantástico e macabro.
A mediados dos 70, o director Alejandro Jodorowsky prantexou levar ao cine a novela Dune de
Frank Herbert, e para iso ía contar coa axuda de Giger como diseñador gráfico. Pero este proxecto
non se chegou a rodar e o filme simplemente quedou nunha preprodución. Aínda así contamos con
debuxos e deseños que Giger si chegou a elaborar, entre eles os dos gusanos de terra, tan famosos
na historia de Herbert.
En pintura propiamente dita podemos destacar as obras do polaco Zdzislaw Beksinski, que en
relación con Giger tamén retrata figuras e mundos propios dun pesadelo, pero neste caso faino
cunha intención máis introspectiva nun intento por representar os medos máis profundos e os
sentimentos máis retorcidos. No seu ''periodo fantástico'', creou imaxes perturbadoras, mostrando un
mundo surrealista e postapocalíptico, retratando escenas de morte, putrefacción, paisaxes repletos
de calaveras, figuras deformadas e desertos.
Pese ao seu tono sombrío, Beksinski afirmaba que as súas obras gardaban un tema optimista e
incluso humorístico. En ocasións expresaba que non sabía o significado das súas obras e que non lle
interesaba facer interpretacións sobre as mesmas.
Moitos grupos de metal utilizaron obras de Beksinski para as carátulas dos seus álbumes, como
Khthoniik Cerviiks ou Blood of Kingu, e ademais servíu de inspiración para videoxogos de terror,
como por exemplo The Medium.
N.C. na performance
Nos últimos anos a nova carne trasladouse
en grande medida ao mundo da
performance.
O artista Olivier de Sagazan
(https://www.youtube.com/watch?v=-
ljqvg7xaxc), nacido no Congo, ofrécenos
un achegamento violento e impactante
sobre a identidade e o corpo. Nas súas
representacións mestura características da
performance, a escultura e a pintura e
utiliza materiais como arcilla, pintura,
pallas, ramas, etc. Na súa serie de
actuacións Transfiguration, Sagazan
moldea capas de arcilla e pintura sobre a
súa cara e o seu corpo para transformalo,
deformalo e eliminalo do seu aspecto
orixinal, o que acompañado de
movementos inquietantes e profundos da
como resultado a un ser humano
monstruoso e animalizado.
11
Floris Kaayk é un artista dixital neerlandés cuxo
traballo está enfocado en conceptos futuristas e
procesos tecnolóxicos, ás veces mostrando as suás
ventaxas e outras presentando as consecuencias
negativas.
Os seus primeiros traballos consistían en filmes
semidocumentais. Na curtametraxe Metalosis Maligna
(https://www.dailymotion.com/video/x7p1phc),
móstranos a varios pacientes que padecen unha
enfermidade ficticia chamada metalosis, e que consiste
en que os implantes artificiais que estes teñen no
corpo reprodúcense e invaden a carne sustituíndoa por
ferros e elementos metálicos.
No ano 2011 publicou un video no que mostraba como
unha persoa conseguía voar cunhas ás implantadas nas
costas e co simple movemento dos brazos semellando
o voo dun paxaro (https://www.youtube.com/watch?
v=7mpcKQgL1_U). A grabación conseguíu millóns de
visitas en youtube e un ano despois o propio Kaayk
revelou nun programa que todo fora unha montaxe.
Un icono representativo da modificación corporal é
Genesis P-Orridge, considerado o pai da música
industrial. En 1993 P-Orridge casou con Lady Jaye
Breyer e sometéronse a unha serie de operacións
quirúrxicas para convertirse no que denominaron o
pandróxino, unha figura híbrida chamada Breyer P-
Orridge. Por medio de ciruxías, clonación de lunares,
implantes mamarios e prótesis faciais buscaban acadar o
maior parecido físico posible entre unha e outra.
O obxectivo destas dúas artistas era construir un ideal de
parella perfecta; en palabras de P-Orridge:
''Desexabamos devorarnos mutuamente, incorporarnos
a unha á outra e volvernos unha unidade''.
A experiencia que levaron a cabo quedou rexistrada na
película The Ballad of Genesis and Lady Jaye (2011).
12
Continuando no camiño dos implantes
tecnolóxicos atopamos ao español Neil Harbisson,
artista vanguardista e primeira persona no mundo
recoñecida como cíborg por un goberno.
Harbisson naceu cunha perticularidade visual que
lle fai ver en escala de grises. Para remediar isto
deseñou unha antena que implantou dentro do seu
cranio e sae do seu óso occipital e que lle permite
escoitar as frecuencias do espectro, incluíndo
cores invisibles como infrarroxos e ultravioletas.
A antena inclúe ademáis conexión a internet que
lle permite recibir cores de satélites e de cámaras
externas e tamén recibir chamadas telefónicas
directamente ao seu cranio.
As súas obras comprenden dende Retratos
Sonoros, nos que crea retratos de persoas ao
escoitar as cores das súas caras, ata Partituras de
Cor, consistentes nunha serie de obras nas que
converte pezas musicais en sucesións de cores.
https://www.youtube.com/watch?
v=VV4eIrz0MNI&t=76s
No punto contrario da arte performativa temos a Ron
Athey, artista estadounidense asociado coa arte
corporal e a performance extrema.
Nas súas pezas explora temas como os traumas, as
adiccións ou a sexualidade. En moitas delas recurre a
elementos propios do sadomasoquismo e
frecuentemente utiliza sobre o seu corpo ferramentas
como ganchos, cadeas, agullas e distintos tipos de
obxectos punzantes. Os seus espectáculos pretenden
ser unha especie de ritual de sanación a través da dor e
a tortura, nos que aposta pola sangue, as feridas e o
automutilamento para conseguir o impacto sobre o
público.
https://www.youtube.com/watch?
v=NQzI9oVOcT4&t=4s
N.C. na sociedade
A idea da transformación do corpo tivo unha grande evolución ao longo da historia. Nun principio
atopábase soamente na literatura e a mitoloxía como un concepto imaxinario. A aparición da nova
carne no cinema e a pintura convertíuna nun espectáculo visual e con forma propia, e coa súa
introducción na performance pasou a ser unha experiencia real.
Na actualidade converteuse ademais nun
concepto que convive con nós na nosa
experiencia cotiá. Exemplo disto atopámolo
na medicina, que fai uso de implantes
metálicos e de próteses para reconstruír un
óso ou para sustituír un membro amputado,
de maneira que a tecnoloxía converte en
posible as imposibilidades do corpo.
No caso da telefonía móvil, aínda que non estea adherida ao noso corpo dunha maneira física como
tal, si podemos dicir que forma parte de nós mesmos e do modo de comunicación cos demais. En
canto a esta idea Neil Harbisson di: ''Fai 20 anos a xente diría ''o meu móvil estase a quedar sen
batería'' e na actualidade xa adoitamos dicir ''estoume a quedar sen batería''; polo que el se atreve
a referirse ao ser humano actual como cyborg psicolóxico.
E en relación ao mundo da moda,
podemos aventurar que o gusto extendido
polas tatuaxes, os piercings ou os
implantes subdérmicos tamén conforman
un método de intentar acadar un novo
corpo, ou polo menos de ''perfeccionalo''
aínda que sexa cunha idea puramente
estética.
N.C. no teatro
Marcel.li Antúnez