O deporte e a actividade física non só melloran a nosa saúde física ou emocional se non tamén o bo estado cerebral que nos permite aprender máis e mellor.
A Organización Mundial da Saúde (OMS), aconsella, no caso dos nenos e nenas, 1 hora diaria de actividade física vigorosa (20´adultos - moderada). Ademais das consabidas virtudes que ten o exercicio físico no noso organismo, ocupa tempo, evita que nos aburramos, levanta o ánimo, axuda a reducir síntomas de estrés e ansiedade, ... Total, un pack completo.