Propostas Actividades E.F.

Semana do 2 ao 10 de Xuño

Reto 5 Educación Física:

"Momento Olímpico"

1º Teredes que investigar, documentarvos, preguntar na casa á familia, ... Sobre algún momento, deportista, disciplina, ... que vos chame ou chamara a atención, evidentemente en Xogos Olímpicos. (Preguntade na casa ou buscade na web).

2º Unha vez atopado ese "Momento Olímpico" collemos a cámara e intentamos recrealo na nosa casa con todo (e tod@s) o que teñamos a man. Familia, podedes participar. Ánimo! Imaxinación ao poder!

Bob Beamon - XXOO México 1968

Rutinas Semanais

Esta semana podedes facer exercicio con deportistas coñecidos do noso deporte. Hoxe con María Vicente (Héptalon).

(Elixide un ou unha deportista para cada día da semana)

Semana 28 de Maio ao 5 de Xuño

Reto 4 Educación Física:

"Coreografía marchosa"

En aproximadamente 30 segundos teredes que interpretar unha coreografía, con tres, catro pasos (un estribillo), que previamente diseñedes. Elixide ben o tema que vades interpretar.

Entrega: Próximo venres 5 de Xuño

A ver ese ritmo!

Semana 21 ao 29 de Maio

Reto 3 de Educación Física: " O Circuito Molón"

Se facemos memoria, seguro que recordades que 2 ou 3 veces no trimestre facemos algún tipo de circuito, ás veces máis xeral, outras máis específico,... Si, esos recorridos tan chulos onde saltamos, corremos, reptamos, volteamos, encestamos, ...

Seredes quen de diseñar, construir, realizar e gravar un circuito con a lo menos 6 estacións onde haxa que: Saltar, lanzar, reptar, equilibrar, encestar, ... (Podedes engadir o que consideredes, pero, coidado, sempre coa supervisión dun adulto).

Entrega: Venres 29 de maio

Imaxinación ao poder!

Rutinas Semanais

Cada mañá ao despertarnos podemos facer unha pequena rutina de mobilidade articular como as que facemos ao principio dunha clase de Educación Física ou dun entrenamento.

Ao final do día e antes de dispoñernos a ir para a cama podemos realizar unha rutina de estiramentos como as que facemos ao finalizar as sesións de Educación Física ou un entrenamento.

Debemos coidar o noso corpo!!!

Semana 14 ao 22 de Maio

Aproveitando que estamos celebrando a cultura, lingua, costumes, tradicións, ... galegos, vamos tentar buscar, indagar, ... sobre os xogos e deportes tradicionais galegos. En clase de educación física xogamos a moitos deles. E nesta época do ano, no cole, practicamos algúns, o día dos xogos.

Despois de investigar, decidídevos por un XOGO ou DEPORTE TRADICIONAL GALEGO e poñédevos a practicalo. Pode ser individual, por equipos, en familia, .... Seguro que os maiores da casa vos poden ensinar algúns dos xogos cos que tan ben o pasaban cando eran nenos. Podedes tamén botar un vistazo na sección "xogos populares galegos", alí atoparedes moitas opcións.

Entrega: Tedes ata o venres 22 de maio.

(aberto a todo o alumnado do Centro)


Rutinas Semanais

  • Revisade o apartado desta páxina:

-"Con música" . Escollede algunha das actividades e ... A traballar!

16 de Abril ao 14 de Maio

Durante as próximas semanas iranse colgando, no blog (investigando) os exercicios de malabares a practicar, de forma progresiva, para intentar acadar o obxectivo: Lanzar e recoller 3 pelotas.

Rutinas Semanais

Entrade nos distintos apartados desta páxina e elixide a actividade que vos apetecería practicar. Podedes facer un horario semanal e unha rutina diaria.