Guía rápida do protocolo COVID-19
(para o ALUMNADO)

ies eusebio da guarda. a CORUÑA

Se te coidas, cóidasme!

aNTES DE VIR AO INSTITUTO

  • Trae todo o material escolar que necesitas para o día, recorda que non é posible compartir material con outros compañeiros.

  • Fai enquisa de autoavaliación na casa. Se atopas algún síntoma non veñas ao instituto. Dille aos teus país que contacten co pediatra ou médico de atención primaria para expoñer esta situación e que chame ao centro para comunicar que non vas a clase por estas circunstancias. As faltas de asistencia por sospeita de sintomatoloxía COVID-19 non faI falta xustificalas documentalmente, cun aviso dos teu pai/nai é suficiente.

  • Recorda que sempre tes que levar a máscara posta. Ademais debes levar unha máscara de reposto dentro dun estoxo ou bolsa. No centro hai dispensadores de hidroxel e panos esbotables. Considera a idea de levar o teu propio KIT COVID (máscara de resposto, frasquiño de hidroxel persoal e panos esbotables).


ENTRADAS

  • Debes entrar pola porta que corresponde a túa aula.

  • Entra mantendo a distancia de seguridade e en fila de un.

  • Accede a túa aula e sénta esperando a que comece a primeira clase. As portas das aulas estarán abertas. Intenta non tocar as superficies comúns.


COMPORTAMENTO NA AULA

  • A túa mesa e cadeira son persoais. Non debes cambiar de sitio durante o curso. En cada mesa hai unha mampara ao lado esquerdo para que teñas máis espazo polo lado dereito, se es zurdo podes ocupar algunha das mesas que están na fila das que non teñen mampara para ter máis espazo polo lado esquerdo.


COMPORTAMENTO NOS CORREDORES E ESCALEIRAS

  • Nos corredores debes seguir os itinerarios marcados polas frechas.

  • Tanto os corredores como as escaleiras son de dobre sentido. Atende a que no edificio histórico vas moverte pola túa dereita, e no edificio da ESO camiñas pola túa esquerda. (isto é así para non bloquear as portas das aulas nas saídas).

  • En xeral, os corredores e as escaleiras son lugares de paso e non se debe parar neles.

  • Se estás nunha fila, non podes parar, nin volver para atrás, por iso é importante que cando saias leves todo o que precisas e non teñas que volver por nada á aula.

  • Ao longo dos corredores hai liñas de espera, que implica que hai que ceder o paso á outra fila.


RECREOS

  • Para o recreo vai e ven ordenadamente. Segue as instrucións do teu profesor/a. Accedes aos espazos do recreo dentro da instituto polos corredores e seguindo o comportamento adecuado nos mesmos; lembra, ademais, que os accesos a algúns espazos son estreitos.

  • No recreo é moi recomendable facer grupos estables e que non sexan grandes.

  • Respecta sempre a distancia de seguridade e leva máscara. Ante calquera incidencia diríxete ao profesorado de garda do recreo para comunicarlla.

  • Non está permitido realizar xogos nos que se comparta material. Evita actividades que propicien achegamentos con outras persoas, por exemplo, correr.

  • A saída dos recreos debe ser en fila de a un, polo que verás vías de espera para sair ordenadamente. Vainas ocupando e espera o teu turno.

ASEOS

  • Se queres ir ao aseo, pide permiso ao profesor/a e sempre se vai de un e un.

  • Os aseos están asignados e teñen un aforo. Se hai máis xente que a que permite o aforo debes esperar a que saia algún alumno/a.

  • Nalgúns aseos hai corredores de espera para os mesmos.

AULAS DE DESDOBRE E AULAS COMPARTIDAS

  • Accedes as aulas de desdobre dentro do instituto polos corredores e seguindo o comportamento adecuado nos mesmos.

  • Antes de entrar nunha aula espera a que saia todo o alumnado que estea dentro. Unha vez baleira accedes e sentas no teu posto.

  • Cando saias dunha aula compartida hai que desinfectar o posto. Cando entres pódese desinfectar tamén por seguridade, pero en teoría o grupo que deixou a aula tivo de desinfectar os postos.


SAÍDAS

  • Accedes as aulas de desdobre dentro do instituto polos corredores e seguindo o comportamento adecuado nos mesmos.

  • Antes de entrar nunha aula espera a que saia todo o alumnado que estea dentro. Unha vez baleira accedes e sentas no teu posto.

  • Cando saias dunha aula compartida hai que desinfectar o posto. Cando entres pódese desinfectar tamén por seguridade, pero en teoría o grupo que deixou a aula tivo de desinfectar os postos.


VENTILACIÓN

  • Recorda que a ventilación dos espazos é moi importante. Durante todas as clases e descanso hai que facer ventilacións e polo tanto abrir as ventás. Estas soamente pode abrilas o profesorado, pois debes evitar entrar en contacto con superficies compartidas.


AULA COVID E CASOS SOSPEITOSOS DE COVID-19

  • Se durante o trascurso da xornada lectiva manifestas sintomatoloxía sospeitosa de ter a COVID-19, comunícao ao teu profesor/a e este comunicará a súa vez (canto antes) esta circunstancia ao coordinador Covid. Irás a un espazo especial de illamento onde se che medirá a temperatura e se poñerán en contacto cos teus país para que te veñan recoller

  • Os teus pais deben poñerse en contacto inmediatamente co teu pediatra ou médico de atención primaria.

  • Unha vez teñamos os resultados actuarase en relación a eles. Se fosen positivos iniciaremos un plan de continxencia elaborado para este centro.