Máster Universitario en Procesos de Formación

NOVA EDICIÓN 2019 / 2020

MASTER UNIVERSITARIO EN PROCESOS DE FORMACIÓN

Edición · 2019/2020

O máster ten un carácter mixto: investigador e profesionalizante. En primeiro lugar, promove a formación en competencias vinculadas á investigación para continuar coa realización dun doutoramento nas diversas liñas de investigación abertas nos departamentos de Didáctica e Organización Escolar e Métodos de Investigación e diagnóstico en educación.

En segundo lugar, o máster está orientado a formar especialistas en Formación tanto en contextos escolares como en todos os contextos laborais e profesionais nos que actualmente os profesionais da educación desempeñan as súas funcións (empresas, concellos, consultoras, administracións públicas, centros de investigación, centros tecnolóxicos, sindicatos, organizacións e asociacións civís, etc.). A estrutura curricular establece 2 semestres e adopta un programa modular coa idea de ofrecer unha formación o máis integrada posible e unha visión interdisciplinar do mundo da formación (necesidades, estratexias, recursos, modelos...).

DESTINATARIOS

Diplomados, licenciados e graduados en Ciencias da Educación (Pedagoxía, Psicopedagoxía, Educación Social, Maxisterio de todas as especialidades). Así mesmo está dirixido a todos os licenciados e graduados doutras titulacións que desexen completar a súa formación no ámbito da Formación.

INFORMACIÓN DO MASTER

Duración: 1 ano

Orientación: Profesional e investigadora

Prezo total: UE: 1.300 € aprox. // Non UE: 3.700 € aprox. +info

Número de prazas: 25

Contacto: departamento.pedagoxiaedidactica@usc.es

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), Santiago de Compostela

PROGRAMA: Módulos e Materias

O plan de estudos está organizado en torno a unha serie de módulos dentro dos que se agrupan as diferentes materias que o integran (ver imaxe), establecidos en 2 cuadrimestres. Por conseguinte, o Máster posúe unha duración dun ano, ao longo do cal, o alumnado irá adquirindo as competencias neceasrias e os obxectivos seguintes:

  • Coñecer en profundidade os diversos ámbitos de proxección da Investigación pedagóxica e de inserción laboral dos posgraduados en Educación.
  • Coñecer as diversas actividades profesionais especializadas (postos e funcións) que desempeñan os posgraduados en Educación
  • Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización
  • Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, á equidade e o respecto aos dereitos humanos.
  • Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+I)
  • Analizar as achegas da investigación pedagóxica e os procesos de xeración de coñecemento científico en diversos campos especializados

ADMISIÓN e MATRÍCULA

Aberto o prazo de admisión e matrícula. +info

MÁIS INFORMACIÓN

Poderás obter máis información sobre este Máster pinchando aquí