A Asociación de Mozos en Epidemioloxía e Saúde Pública en España (Grupo EJE), anteriormente Grupo Español de Mozos Epidemiólogos/as, é unha asociación multidisciplinar vinculada á epidemioloxía e á saúde pública, dirixida a persoas menores de 36 anos e constituída no ano 2006. Somos unha asociación sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia.
Na actualidade, o Grupo EJE está formado por máis de 200 profesionais menores de 36 anos. O grupo presenta perfís profesionais moi diversos, que abranguen as ciencias da saúde, as ciencias sociais, as ciencias ambientais, as ciencias numéricas, o ámbito xurídico e a enxeñaría.
A nosa asociación está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións, Sección 1ª, Número Nacional 590048, de acordo coa Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
Achegar a visión das persoas novas que desenvolven a súa actividade profesional e investigadora no ámbito da saúde pública.
Defender a multidisciplinariedade e a interdisciplinariedade dentro da epidemioloxía e da saúde pública.
Crear unha rede de iguais que facilite o apoio mutuo e a colaboración.
Fomentar o intercambio de coñecementos e a axuda metodolóxica.
Organizar e difundir actividades formativas.
Ofrecer orientación na carreira profesional.
Difundir ofertas laborais.
Procurar apoios para mellorar as condicións laborais das persoas novas en etapas iniciais da carreira profesional.
Explorar vías que faciliten a realización de estadías.
Fomentar a investigación mediante convocatorias periódicas de premios e concursos.
Para asociarte é necesario cumprir as seguintes condicións:
Ser menor de 36 anos.
Ser residente ou ter nacido en territorio español.
Ter vinculación coa epidemioloxía e a saúde pública.
Para formar parte do Grupo EJE e recibir avisos periódicos das noticias, acceder a premios e axudas e coñecer outros mozos e mozas investigadoras en epidemioloxía e saúde pública, inscríbete gratuitamente na seguinte ligazón:
Os estatutos son as normas básicas que rexen a nosa asociación. Os primeiros estatutos fundacionais do Grupo EJE datan do ano 2008. Posteriormente, foron actualizados e aprobados en asemblea xeral no ano 2024. Podedes consultalos na seguinte ligazón: