O IES MARIA SOLIÑO é un dos 10 centros seleccionados de toda España para participar no proxecto artístico educativo BIG VALISE do Museo Thyssen- Bornemisza, proxecto incluído dentro de Musaraña, o laboratorio de innovación docente do Museo ,
"BIG VALISE é un proxecto de museo móbil que percorre diferentes centros educativos -desde infantil ata educación para adultos- para potenciar o coñecemento do territorio físico e afectivo do alumnado a través da creación artística. Esta maleta viaxeira é unha das actividades de ‘Coller a testemuña’, o punto de partida desta maleta que percorre España está na obra dos artistas Joseph Cornell e Kurt Schwitters, que realizan os seus traballos a partir de materiais refugados ou esquecidos"
Agora mesmo a testemuña témolo nós , a nosa idea é. transformar a nosa caixa da maleta nun proxecto expositivo de traballos onde a poetica visual e a reciclaxe dos obxectos atopados ou significativos para o alumno ou alumna falen do e da contorna no que nos atopamos . UN AUTORRETRATO POETICO E VISUAL do alumnado e o Morrazo .
Alumnado de ARTES de 1 e 2 de BACH
Profesorado: Roberto Braña & Luz Beloso
IES MARIA SOLIÑO
Cangas do Morrazo
Pontevedra