Os convidados

Samuel Lema

Él é director, produtor e guionista da Estrada (Pontevedra, Galicia).

Recibiu numerosos premios como o premio Mestre Mateo, outorgado pola Academia do Audiovisual Galego, á mellor dirección artística polo filme O que arde (Viendra le feu) de Óliver Laxe (2019).

Como director, Samuel conta con máis de 3 curtas. A máis importante é La carne cruda, eloxiada en máis de 70 festivais internacionais.

Alfonso Pato

É director do Festival de Cans de curtametraxes, do que foi un dos seus creadores, desde o ano da súa fundación en 2004. Ten unha longa traxectoria vinculada ó xornalismo cultural en medios como El País, TVE ou TVG, onde foi guionista e creador de múltiples programas, e director e creador de espazos como o programa de música en directo Banda Curta, ou o espazo Onda Curta, o primeiro programa que a TVG consagrou na súa historia á emisión de curtametraxes.