Descripción xeral dos xogos
Esta colección de xogos permite aprender sobre tipos de froitas, recoñecemento de mazás e peras de variedades tradicionais galegas, sidras e zumes de froitas, manexo das froiteiras e utensilios necesarios, receitas con froitas e algunhas cousas mais.
Os xogos están clasificados por temas , por nivel de dificultade e por tipo de xogos, navegando a través da páxinas da web se poden probar todas as opcións.
O obxectivo destes xogos é dar a coñecer un pouco mais ás froiteiras galegas e a súa repercusión na nosa cultura tradicional. Aportando un grao de area á ecoloxía local (porque ecoloxía non é só pechar unha billa...compre coñecer o noso para poder cuidalo).
Autoría:
Os xogos foron deseñados por alumnado do grupo de TICS2 de 2º de Bacharelato do IES Ramón Menéndez Pidal Zalaeta en colaboración con especialistas do PFFPB de Xardinería e Viveirismo do CEE María Mariño de A Coruña, como parte do proxecto Deseño e Son da Asociación Cultural Zalaeta do programa de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa.
Sitios web para CONSULTAR información
Sobre o proxecto Deseño e Son e as actividades de Viveirismo e Xardinería
Sobre as prácticas de recepción, enxertado e plantación de froiteiras (titoriais elaborados no CEE MMariño)
Sobre datos das froiteiras tradicionais:
Usos das mazás tradicionais (según sabor para comer crudas, cociñar ou sidra por exemplo...) Mazás galegas.
Sobre Froitas de cultivo tradicional en Galicia: arandos, framboesas, moras, mazás, peras, péxegos, cereixas, limóns...
Sobre a "Sidra galega",