No aparcadoiro do Rego da Balsa atoparán prazas de estacionamento gratuito moi próximas á farmacia.
Na mesma rúa Valle Inclán dispoñen de 3 prazas de estacionamento exprés limitado a 10 minutos.
Na rúa Rosalía de Castro existe unha praza reservada para persoas con mobilidade reducida.
Pregamos que non aparquen noutra parte da rúa, xa que é semipeonil e ten fácil acceso dende calquera dos aparcadoiros indicados.
A Farmacia Valle Inclán é un espazo seguro libre de toda discriminación que non admite ningunha forma de odio, violencia de xénero, transfobia, homofobia, aporofobia ou acoso.
Podemos atenderte e asistirte se precisas axuda.
Que facer fronte ás violencias machistas - Teléfono 016 - WhatsApp 600 000 016
Sinais de axuda ás violencias.