Traballamos polo seu benestar todos os días do ano.
Somos un espazo de saúde atendido por un grupo humano e profesional. A nosa finalidade sempre será mellorar a súa calidade de vida. Ofrecemos variedade de produtos e servizos nun horario amplo e contínuo.
Equipo
Equipo
A farmacia está formada por un equipo de seis farmacéuticas e seis auxiliares de farmacia. Sempre dispostas a ofrecer unha atención de máxima calidade e seguridade.
Historia
Historia
No ano 2006, a nosa farmacia comezou a súa actividade no número 5 da rúa Valle Inclán en Carballo. Dende o ano 2010, trasladámosnos a un novo e máis amplo local situado no número 25 da mesma rúa.