COÑECEMENTOS LABORAIS BASICOS
CURSO TELEFORMACIÓN (20h) 28/10/2025 - 10/11/2025
Analizar os cambios máis salientables da reforma laboral no referente aos contratos de traballo, convenios laborais, novos ERTE e sistema sancionador.
TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA PEMES
CURSO TELEFORMACIÓN (15h) 28/10/2025 - 10/11/2025
Mostrar ao alumnado as oportunidades existentes e que sexan capaces de identificar aspectos a mellorar, tanto a curto como a medio prazo, nun plan de acción para a transformación dixital do seu negocio.
EMPREGO CON APOIO
PILULA (10h) 29/10/2025 - 03/11/2025
Coñecer as diferentes accións de orientación e acompañamento individualizado no posto de traballo, prestadas por preparadores laborais especializados, que teñen por obxecto facilitar a adaptación social e laboral de persoal traballador con discapacidade, en empresas do mercado ordinario de traballo e en condicións similares ao resto de persoal que desempeña postos equivalentes.