Visita realizada da man de José Manuel Beceiro, xerente da Asociación de Empresarios do Tambre. BIOPOLO é un espazo creado para impulsar la biotecnoloxía galega albergando novas empresas e ofrecer un ecosistema biotecnolóxico onde desenvolver a súa actividade, crear sinerxias, interaccionar e recibir servizos especializados que impulsarán o seu crecemento e consolidación.
O xerente da entidade e a técnica de igualdade foron quen acolleu ás persoas participantes nesta visita, explicando os obxectivos da entidade, servizos que realiza e medidas de conciliación postas en marcha nos últimos anos coa implantación do Plan de Igualdade e que repercuten no persoal.
Luis Penido (Xerente da Empresa) explicounos como funciona este centro especial de emprego de iniciativa social, pertencente ó grupo COGAMI, desde onde se aposta por un modelo de negocio sostible. A súa actividade está centrada no tratamento ambiental de vehículos, na que se descontaminan, re-aproveitan e reciclan tódalas pezas e materiais de desfeito, #TRAMEVE aposta pola diversidade e as aptitudes de tódalas persoas.
Empresa punteira en protección, detección e extinción de incendios, domótica, control de accesos ou videovixilancia. Está situada no Polígono de Boisaca e conta cunhas instalacións innovadoras que rompen co concepto tradicional da oficina e os espazos compartidos. Nesta visita ademais de coñecer as instalacións e a súa actividade profesional, a persoa responsable en recursos humáns explicounos as diferentes medidas na área de igualdade e conciliación postas en marcha a raíz do plan de igualdade..
OBRAMAT é unha empresa centrada na venda de materiais de construción e reforma e dirixida principalmente ao sector profesional.
Este 2025 ven de celebrar o seu décimo aniversario en Santiago de Compostela e gracias a Xesús Pérez, puidemos coñecer polo miúdo tanto a filosofía da empresa como o traballo que desenvolven no día.
DISBECOM é unha distribuidora alimentaria con sede no Polígono do Tambre. Esta empresa xestionan máis de 20.000 referencias e da servizo á hostalería de Santiago de Compostela. O seu xerente, Óscar Varela, ensinounos as instalacións e explicounos a actividade e organización da empresa e como se adaptaron ós cambios producidos despois da pandemia e que fixeron para renovarse.