APOIO AO EMPRENDEMENTO
ENCONTRO (PRESENCIAL) 2h
MARCOS PAZ e TERESA MARTÍNEZ
COMPOSTELA MONUMENTAL - 02/10/2025 (16:00 - 18:00)
Claves para lanzar o teu proxecto empresarial.
CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
ENCONTRO (VIRTUAL) 2h
07/10/2025 (16:00 - 18:00)
AMICOS (VIRTUAL)
Nesta sesión analizaremos experiencias previas de contratación de persoas con discapacidade, intentando romper mitos e estereotipos con respecto a esta.
ELEMENTOS E DESEÑO DO ESCAPARATE
ENCONTRO (PRESENCIAL) 3h
BEATRIZ BARRIL
MERCADO GALEGO DA CREATIVIDADE 08/10/2025 (16:00 - 19:00)
A través da práctica, identificaranse os principais elementos a ter en conta á hora de deseñar o meu escaparate. En grupo, nun espazo comercial, faremos un escaparate sobre o Día de mortos "Ilustres Galegos", mesturando o noso Samain coa temática dos altares de mortos mexicanos, e levándoo á nosa cultura galega.
ATENCIÓN Á CLIENTELA EN INGLÉS I
OBRADOIRO (PRESENCIAL) 3h
RAFAEL GARCÍA
PRAZA DE ABASTOS 09/10/2025 (16:00 - 19:00)
Esta primeira xornada de atención á clientela en inglés está dirixida a obter unha primeira aproximación á atención ao cliente-a en lingua inglesa de cara a poder ofertar os produtos/servizos a vender.
ATENCIÓN Á CLIENTELA EN INGLÉS II
OBRADOIRO (PRESENCIAL) 3h
RAFAEL GARCÍA
PRAZA DE ABASTOS 16/10/2025 (16:00 - 19:00)
Esta segunda xornada de atención á clientela en inglés traballaremos sobre situacións cotiás no proceso de compra-venda, vendo expresións en lingua inglesa que nos permitan ofrecer unha atención de calidade.
ARRAIGO POR FORMACIÓN
ENCONTRO (VIRTUAL) 2h - 14/10/2025 (10.00-12.00)
MARIBEL ÁLVAREZ (Abogada especializada en estranxeiría) e MARISOL OTERO (Orientadora laboral e docente da formacion para o emprego)
Explicar de forma pormenorizada en que consiste o arraigo socioformativo de acordo coa normativa de estranxeiría (Real Decreto 1155/2024) En que consiste, quen pode pedilo, requisitos e implicacións
CLAVES PARA A IMPLANTACIÓN DUN PLAN DE IGUALDADE
ENCONTRO VIRTUAL (2h) 23/10/2025 (16:00 - 18:00)
ROCÍO FRAGA (Técnica en Igualdade)
Unha xornada introdutoria para achegarse ao que supón poñer en marcha un plan de igualdade. A través desta sesión práctica e participativa, abordaranse os conceptos básicos, as fases principais e os retos habituais, co obxectivo de ofrecer unha visión clara e realista do proceso.
XESTIÓN DE REDES SOCIAIS
OBRADOIRO (PRESENCIAL) 3h
MARTÍN RENDO
PRAZA DE ABASTOS 28/10/2025 (16:00 - 19:00)
Como funcionan as RRSS , como crear contido atractivo, que imaxes seleccionar e cando postear serán os temas sobre os que traballaremos nesta xornada, dando resposta a cada unha destas destas cuestións a partir de exemplos reais.