Temos especial interese en mencionar a esta profesora debido a que, ademais de axudarnos a facer este traballo, ela é tamén un exemplo a seguir como muller adicada ás ciencias.
Licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1989 e, ao ano seguinte, realizou unha tesina (como lle chamaban daquela aos traballos de investigación) que consistía nun estudo cinético da formación de N-N-Diclorobutilamina. No ano 1991 estivo dando clase nunha academia en Lugo e, posteriormente, fixo a súa primeira substitución como profesora nun instituto de Vigo. En 1993 estivo traballando no laboratorio de Augas de Fontoira, en Cospeito, o que hoxe é Aquabona, e dende ese ano decidiu adicarse ao mundo do ensino comezando a traballar primero como profesora interina e logo xa como funcionaria.