O confinamento de mes de marzo polo COVID-19 obrigounos a deter as actividades presenciais no CRPL e no CO da Asociación Lenda. ¡Pero iso non quere dicir que nos quedemos sen facer nada!
Unha das actividades que faciamos de maneira case diaria, era a estimulación cognitiva, e iso é algo que podemos continuar a facer dende a casa, grazas á tecnoloxía. A palabra "corentena", ven do número corenta. E corenta son as actividades de estimulación que atoparás nestas páxinas. Aquí tes o índice, e animámosvos a todos a que fagades, polo menos, unha ó día.
Se rematas todas as actividades, dos corenta días de confinamento, podes seguir coas actividades para o periodo de desescalada. ¡Moito ánimo!