RECOMENDACIÓNS XERAIS

A transición ao ensino a distancia non se fai da noite ao día, así que tómao con calma!

Pautas básicas para o teletraballo:

1

Evitar a sobrecarga de traballo seleccionando a información mais útil e traballando en equipo por niveis e idiomas.

2

Evitar saturar ao alumnado realizando unha escolma realista de tarefas ben conectadas que axuden á adquisición dos contidos mínimos ou esenciais para cada unidade, non adiantando materia do currículo ata que recibamos as instrucións correspondentes.

3

Planificar o envío de tarefas segundo o tempo estimado de traballo para as mesmas e as horas semanais de clase, establecendo prazos de entrega relativemente flexibles, aceptando as diferentes realidades do alumnado.

4

Achegar un repertorio equilibrado de actividades para a prática das cinco destrezas.

5

Contribuír a que o alumnado realice actividades de práctica de exame, proporcionando rúbricas de avaliación e modelos de probas, especialmente nos cursos terminais, facilitando a corrección entre iguais mentres o profesor engade comentarios.

6

Apostar sempre polo diálogo co alumnado, buscando canles de comunicación que poidan dar resposta con certa axilidade ás súas dúbidas e procurando que o tempo de resposta sexa o mais breve posible.

7

Acompañar ao alumnado a través de explicacións, instrucións e correccións fluídas para evitarmos ser meros transmisores de tarefas.

8

Detectar posibles carencias do noso alumnado (non so a nivel de recursos tecnolóxicos se non tamén en competencia TIC) e buscar vías alternativas de comunicación mediante diferentes servizos, aplicacións, entornas de aprendizaxe, tutoriais, etc.

9

Titorizar ao alumnado menor de idade ou con necesidades educativas especiais na medida do posible a través dunha primeira toma de contacto coas familias, se o profesorado así o considera, ou co alumnado via CentrosNet ou correo electrónico.

10

Levar un rexistro documentado do teletraballo realizado.