EOI MELIDE



CURSO 2021-22: MATRÍCULA OFICIAL E OFERTA DE CURSOS

  • Para consultar información sobre a matrícula oficial para alumnos aprobados en xuño, premer neste enlace

  • Para consultar a oferta de grupos para o vindeiro curso, premer neste enlace

PROBAS SETEMBRO 2021

As probas escritas de certificación terán lugar os días:

  • B2.2: venres 3 de setembro, 16:00h

  • B1: luns 6 de setembro, 16:00h

  • B2.1: martes 7 de setembro, 16:00h

As probas orais terán lugar o mércores 8 de setembro:

  • B2.2: 17:00h

  • B1: 17:30h

As probas escritas terán todas a mesma orde, empezando pola comprensión lectora (reading, de 16:00 a 17:10), seguindo coa produción, mediación e coprodución escrita (writing, de 17:15 a 18:50) e rematando coa comprensión auditiva (listening, de 19:00 a 19:50). Tódalas probas escritas duran unhas 4 horas, desde as 16:00h ata as 20:00h, con dous descansos de 10 minutos entre cada proba, e terán lugar na aula de referencia (aula 302).

PUBLICACIÓN DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

  • As notas finais publicaranse en centrosNET o día 10 de setembro.

  • Reclamación de notas: 13, 14 e 15 de setembro, cubrindo este documento, e envialo escaneado a secretaria@eoicoruna.org

  • A reclamación a dirección deberá estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:


  1. Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

  1. Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

SOLICITUDE DE CERTIFICADOS

Os alumnos "aptos" no exame de B2.2 que desexedes recibi-lo certificado oficial, así como os que queirades matricularvos noutra EOI no curso 2021/22 e precisedes unha certificación de estudos para traslado de expediente, debedes enviar un correo electrónico a secretaria@eoicoruna.org solicitando unha certificación de estudos e adxuntando foto ou escaneo do DNI / NIE, e xa volo envían directamente.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Consultade este PDF

PROBA DE CLASIFICACIÓN

(antiga Proba de Nivel) Preme aquí


NOVO SISTEMA DE AVALIACIÓN NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS

Para ter a certificación cómpre chegar a un 81,25, sendo necesario ter un mínimo de 12,5 en cada parte.

Se no total global da nota en xuño non se chega a un 81,25 , o alumnado poderase presentar en setembro a aquelas partes nas que acadara menos de 16,25 (65%), manténdose a puntuación máis alta, xa sexa en convocatoria ordiaria ou extraordinaria.

LOCALIZACIÓN

IES de Melide

Av. Compostela, s/n,

15800 O Rañadoiro, Melide (A Coruña)


CENTROSNET

Instrucións de acceso a CENTROSNET

USUARIO: data de nacemento con guións (dd-mm-aaaa) ou ben o número de expediente.

CONTRASINAL: o teu DNI ou NIE sen letra.


EOI Coruña

Sección Arteixo

Sección Carballo

Sección Cee

Sección Culleredo