EN ENERXÍA, NON SEN MULLERES

Manifesto para organizacións

A igualdade efetiva entre homes e mulleres é un exercicio de corresponsabilidade que envolve a toda a sociedade. Por iso, as asociacións, organizacións e empresas membros desta lista comprometémosnos públicamente a participar por medio de representantes, soamente naqueles eventos (conferencia, mesa redonda, grupo de traballo, etc.) de mais de dous poñentes, nos que se contara coa presencia de, polo menos, unha muller en calidade de experta. Isto implica que haxa efectivamente presenza de mulleres ou, no seu defecto, que se lles tivera convidado formalmente pero declinaran a invitación; neste segundo caso deberá facerse mención explícita á invitación ó comezo do evento.

Así mesmo, comprometémosnos a respectar o criterio de composición equilibrada nas conferencias, xornadas, mesas redondas e grupos de traballo en cuxa organización participemos.

O criterio de composición equilibrada recóllese na LEI ORGÁNICA 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, onde defínese como “a presenza de mulleres e homes de forma que, no conxunto ó que se refira, as persoas de cada sexo non superen o sesenta por cento nin sexan menos do corenta por cento”. Caso de non lograrse pola non dispoñibilidade das mulleres contactadas, deberá facerse mención explícita ó comezo do evento.

A asociación, organización ou empresa que desexe adherirse, deberá enviar un correo á dirección EnEnergiaNoSinMujeres@gmail.com. A lista de organizacións adheridas actualizarase periódicamente.


¿Por que un manifesto “En Enerxía, non sen mulleres”?

No sector da enerxía, as mulleres son moi poucas veces convidadas en calidade de expertas nos eventos públicos coma conferencias, debates ou mesas redondas. Porén, existen no noso país mulleres cunha dilatada experiencia nos diferentes aspectos deste sector: investigadoras, enxeñeiras, profesoras, mulleres que desenvolven labores técnicas, responsables de campañas, comunicadoras, economistas, mulleres en distintos postos de dirección de empresas enerxéticas e institucións, etc. A inxustificada ausencia de mulleres, dun lado, representa unha mostra da discriminación que aínda sofren as mulleres na nosa sociedade, e, doutro, supón unha limitación ó debate necesario no sector, ó quedar a metade da poboación excluída do mesmo.

Tomando como exemplo o manifesto Non sen mulleres impulsado polos académicos españois para fomentar a presencia feminina nas ciencias sociais, promovemos un manifesto similar no sector da enerxía.

Pensamos que chegou o momento de traballar xuntos para que aumente a presenza de expertas nos espazos públicos, de maneira que a transición enerxética cara un modelo máis sostible pola que traballamos moitas persoas sexa tamén unha transición cara un modelo mais xusto.