EN ENERXÍA, NON SEN MULLERES

Profesionais e activistas do sector da enerxía pola presenza feminina neste sector

Os integrantes desta lista comprometémosnos públicamente a non participar en ningún evento (conferencia, mesa redonda, grupo de traballo, etc.) sobre o sector enerxético, de mais de dous poñentes, onde non se conte con, polo menos, unha muller en calidade de experta. Así mesmo, instamos ó cumprimento do establecido na LEI ORGÁNICA 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e especialmente na súa definición de composición equilibrada como “a presenza de mulleres e homes de forma que, no conxunto ó que se refira, as persoas de cada sexo non superen o sesenta por cento nin sexan menos do corenta por cento”.

Se te queres sumar á lista, como profesional ou activista do sector da enerxía, envía un correo á dirección EnEnergiaNoSinMujeres@gmail.com. A lista de signatarios actualizarase periódicamente.

¿Por que un manifesto “En Enerxía, non sen mulleres”?

No sector da enerxía, as mulleres son moi poucas veces convidadas en calidade de expertas nos eventos públicos coma conferencias, debates ou mesas redondas. Porén, existen no noso país mulleres cunha dilatada experiencia nos diferentes aspectos deste sector: investigadoras, enxeñeiras, profesoras, mulleres que desenvolven labores técnicas, responsables de campañas, comunicadoras, economistas, mulleres en distintos postos de dirección de empresas enerxéticas e institucións, etc. A inxustificada ausencia de mulleres, dun lado, representa unha mostra da discriminación que aínda sofren as mulleres na nosa sociedade, e, doutro, supón unha limitación ó debate necesario no sector, ó quedar a metade da poboación excluída do mesmo.

Tomando como exemplo o manifesto Non sen mulleres impulsado polos académicos españois para fomentar a presencia feminina nas ciencias sociais, promovemos un manifesto similar no sector da enerxía.

Pensamos que chegou o momento de traballar xuntos para que aumente a presenza de expertas nos espazos públicos, de maneira que a transición enerxética cara un modelo máis sostible pola que traballamos moitas persoas sexa tamén unha transición cara un modelo mais xusto.

¿Que implica o noso compromiso?

O compromiso adquirido polos signatarios é a título individual. Consiste en participar soamente naqueles eventos (conferencia, mesa redonda, grupo de traballo, etc.) nos que se tivera contado coa presenza de, polo menos, unha muller en calidade de experta. Isto implica que haxa efectivamente presenza de mulleres ou, no seu defecto, que se lles tivera convidado formalmente pero declinaran a invitación; neste segundo caso deberá facerse mención explícita á invitación ó comezo do evento.