A caixa das emocións

Xustificación

Como mestras e mestres todos os días vemos moitas mostras de emocións no alumnado: a tristeza ao dicir adeus á familia poloa mañá, a ilusión de saír ao patio a xogar, a frustración e o enfado cando as cousas non van por onde pensaban... Dende ben pequenos os alumnos/as son quen de identificar moitas emocións e comezar a recoñecelas cando aparecen neles mesmos ou nos demais.

Sabemos que é na infancia cando se constrúen as bases para unha vida equilibrada e con este proxecto pretendemos dar oportunidades ao alumnado do centro para que poida entrenar as súas habilidades emocionais: coñecerse ,coñecer aos demais e poñerse na súa pel (fomentando a empatía) , repectar as diferenzas, crear recursos que os preparen para este mundo tan plural e poñer o noso gran de area para mellorar a nosa contorna ...

O desenvolvemento emocional implica aprender que son as emocións e os sentimentos, comprender como e por que suceden, recoñecer as emocións propias e as dos demais e desenvolver maneiras efectivas de manexalas. Segundo Simon Ward, "Non hai ningún aspecto da aprendizaxe que non involucre emocións (...) involucrar emocións positivas é probablemente un dos compoñentes máis vitais da aprendizaxe".

Traballar competencias emocionais pode mellorar a motivación e o gusto do alumnado por aprender, mellorar o rendemento escolar e a súa preparación para a vida. Por exemplo, cando se enfrentan a un examen, poden sentir medo, ansiedade ou frustración, pero se saben xestionalos de forma competente, o seu rendemento verase favorecido. Ademais, enriqueceranse como persoas e axudaralles nas súas relacións sociais.

Esta temática, pode ser traballada en todas as asignaturas, tanto en infantil como en primaria, so temos que pensar e preparar vínculos , entre o que traballamos na aula e o noso proxecto.

OBXECTIVOS

  • Descubrir a importancia das emocións e os sentimentos

  • Concienciar a nenas e nenos sobre as súas emocións e pensamentos sobre o seus estados de ánimo

  • Coñecer e nomear as nosas emocións en diferentes situacións, entendéndoas coma respostas humanas necesarias para un equilibrio emocional

  • Desenvolver a capacidade de recoñecer, comprender e expresar os propios sentimentos

  • Explorar os nosos comportamentos aceptando o que nos gusta e o que non nos gusta de nos mesmos e dos demais

  • Expresar sentimentos e emocións dun xeito adecuado a través da linguaxe verbal e non verbal

  • Desenvolver a capacidade de percibir e comprender as emocións e os sentimentos das demais persoas.

  • Empatizar coas emocions dos demais

  • Desenvolver nos nenos e nenas unha disposición adecuada para identificar, regular e controlar os impulsos emocionais

  • Entrenar na resolución de conflictos.

  • Fomentar o optimismo e o pensamento positivo.

  • Facilitar unha mellor autoconciencia das necesidades, capacidades e limitacións

  • Sensibilizarse ante as diferenzas individuais e a discapacidade

  • Recoñecer a diversidade das persoas coma algo enriquecedor

  • Desenvolver a autonomía e satisfacción persoal


Contribución ao desenvolvemento das COMPETENCIAS

Competencia social

Reforzar a identidade dos interlocutores por medio do intercambio de información persoal.

Que o alumnado sexa quen de relacionarse axeitadamente e comportarse cívicamente

Expresar as ideas propias e escoitar as dos demais, aprendendo deles e con eles

Compartir actividades con compañeiros/as doutras idades

Manter unha actitude positiva cara o traballo e o grupo


Competencia Lingüística

Ler textos informativos diferenciando a idea principal e as ideas secundarias

Producir textos propios a partires da busca de información

A través de dramatizacións e lectura de contos, desenvolver a comprensión e expresión lectora, así como a expresión oral

Participar nas diversas situacións comunicativas orais de xeito construtivo, respectando as normas que fan posible a comunicación


C. Aprender a aprender

Planificar as tarefas para realizar o proxecto

coñecer e confiar nas posibilidades de cada un para realizar as tarefas encomendadas

Valorar o traballo ben feito buscando o mellor resultado posible

Saber transformar a información en coñecemento propio

Seleccionar e organizar os materiais


C. iniciativa e espíritu emprendedor

Traballar na aula e na biblioteca de forma cooperativa

Desenvolver iniciativas e tomar decisións na planificación do traballo


C. Dixital

Recoñecer diversos formatos de comunicación

Utilizar axeitadamente os recursos dixitais para realizar unha busca específica e facer un uso crítico dos mesmos.

Cominicar a información obtida traballando nun entorno colaborativo.

Realizar presentacións da información utilizando recursos dixitais

Citar as fontes de onde se obtivo a informacion

Buscar, obter, procesar e comunicar información transformándoa en coñecemnto


C. Ciencia e tecnoloxía

Favorecer procesos de razoamento e desenvolver a atención


Competencia artística e cultural :

Facilitar a expresión de opinións, gustos e emocións que producen diversas manifestacións culturais coma poden ser os contos e dramatizacións