Nacín un 23 de decembro de 1982 en Teo (A Coruña) e son licenciado en Historia pola USC, con especialidade en Historia Contemporánea e América.
Profesor de Historia, Xeografía e Arte no IES Terra de Trasancos de Narón e papá de Héctor ☺.
Licenciado en Historia na USC, nas especialidades de Historia Contemporánea e Estudos Americanos. Traballei tamén como arqueólogo, pero a miña verdadeira vocación é a docencia que exerzo con gran satisfacción dende 2007. Apasionado da historia militar do século XX, especialmente os relacionados co mundo naval.
Son recreador histórico dende 2008. Fun membro da Asociación "The Royal Green Jackets" entre 2008-2010 e de Recreadores de Galicia (2009-2018), da cal fun presidente entre 2015 e 2018. Dende entón, disfruto da recreación na Asociación Histórico Cultural "Gallaecia Viva", da que son presidente dende 2020.
Recreo o mundo da antiga roma, mundo castrexo, Guerras Napoleónicas, Anos 20, II Guerra Mundial...
Profesor por vocación. Vivo as miñas clases con paixón, gozando da ensinanza. Intento facer da Historia un conto, ameno e divertido. Cada vez que podo viaxo no tempo coa "living history" e traslado a miña experiencia do mundo da recreación ás aulas. Traballo coas novas tecnoloxías e sempre hai momentos para facer un kahoot nas miñas materias.