Evaluación

Outorgarase unha moeda (feita a base de materiais reciclados) a cada pregunta contestada adecuadamente. No caso de acertar a Gran Pregunta obteranse cinco moedas.

A maiores terase en conta:

Tanto a calidade das preguntas como a súa redacción, presentación e ortografía deben realizarse correctamente por ser un aspecto importante á hora de comprender e ler as respostas. Tamén se terá en conta o interés que pon cada educando/a na participación e colaboración co grupo na realización do traballo.

O uso de recursos debe ser correcto, buscando que sexan adaptados, fiables e de páxinas seguras. Por último, non deben esquecerse de que as normas da clase terán que levarse a cabo da forma acordada e ser respectadas por todos.

Que pasará con estas moedas?

Poderanse canxear con diversos premios (sempre material escolar) que teña o/a docente preparado para esta ocasión. Por exemplo: 5 moedas equivalen a dous bolígrafos e un estoxo e unha equivale a unha goma con forma de dinosaurio.