O proxecto TOWANDA foi desenvolvido co obxectivo de empregar o cine como ferramenta educativa e activista para loitar contra os estereotipos de xénero. O seu nome é unha homenaxe ao berro de liberdade da película memorábel "Tomates verdes fritos". A través da educación, a arte, a literatura e os medios audiovisuais, buscamos sensibilizar á comunidade e promover novos modelos sociais baseados na diversidade e no respecto, rexeitando os esquemas heteronormativos, sexistas e homófobos.
Inicialmente, seleccionamos e analizamos diversas películas que abordan de maneira crítica os estereotipos de xénero presentes na sociedade. Estas proxeccións non só serviron para educar, senón tamén para iniciar debates entre o alumnado e promover unha reflexión profunda sobre as dinámicas de poder e as representacións na cultura audiovisual contemporánea.
Durante o proxecto, facilitamos a creación de traballos artísticos como fotografías, pinturas, grafitos e gravados que desafiaron os estereotipos de xénero predominantes. O alumnado participou activamente nesta fase, demostrando unha actitude crítica e comprometida coa eliminación das discriminacións de xénero na arte e na sociedade en xeral.
Realizamos un estudo profundo sobre a presenza e os roles de xénero na publicidade televisiva e nos medios de comunicación. O obxectivo foi identificar e denunciar os estereotipos sexistas presentes nestes espazos, así como valorar o impacto das iniciativas que buscan desmontar esas representacións, como as obras de Yolanda Domínguez..
Como produto final do proxecto, o alumnado produciu varias curtametraxes que abordaron de forma creativa e crítica os estereotipos de xénero. Organizamos un concurso para seleccionar as mellores producións, e os traballos gañadores foron publicados para amplificar as voces dos estudantes na loita contra os estereotipos de xénero.
O proxecto TOWANDA non só logrou sensibilizar e educar sobre as violencias machistas e os estereotipos de xénero, senón que tamén promoveu unha participación activa do alumnado na creación de contidos artísticos e na crítica constructiva da cultura visual contemporánea. Este proxecto representa un paso significativo cara á construción dunha sociedade máis igualitaria e respectuosa coas diferenzas.
1 PREMIO
O primeiro vai para o "Mellor Proxecto Audiovisual, Polo seu Guión, Edición,
Calidade e Banda Sonora".
Este premio vai para "Guripi", un traballo de Patricia Fernanda con actores
destacados como Iria Domínguez, e a colaboración de Fonso na edición musical,así como a actriz descuberta nas Barxas, Inés Padín2
2 PREMIO
E agora, premio para 'Entre Cordas'", que destaca pola interpretación e a sua
poética. Un traballo realizado por Gabriela Carballo, con Arán, Sheila, Juan, Sotelo
como interpretes xunta con Patricia Fernanda. Unha verdadeira obra de arte que nos conmove a todos, de gran dramatismo.
3 PREMIO
3 Premio para "Azul ou Rosa". Unha brillante edición de Mauro, con Olivia e Dani interpretando a azul e rosa, xunto a Lara como sonidista e Samu nas luces .
Parabéns a todo o equipo polo magnífico traballo.
ACCESIT 1
O primeiro accesit é para "Chama!" de Daniel Curras, Antón Fervenza, Anton Lago, Xoel Zarpazo e Gael González. Un traballo con moita paixón e compromiso cun sabor a cine mudo , inspirado no pionero do cine galego Jose Gil, tan
vinculado a Moaña , que deixou unha profunda pegada depois da visita do gran mestre Manolo Gonzalez
ACCESIT 2
Seguimos cos accesit, recoñecendo o traballo excepcional dos nosos estudantes.
O segundo accesit vai para "Xeración de Cristal" de Sheila Gómez. Unha mirada única e profunda sobre a xeración actual aș violencias que sufren , o machismo non entende de edades.
Accesit 3
Por último, pero non menos importante, concedemos un accesit a Mar García Costa e Noa Ríos Rosendo por unha obra de gran sensibilidade e cun toque no seu rodaxe con sabor ao gran Hitchcock
CURTA REALIZADA POLO CLUB AUDIOVISUAL- EDICIÓN MAURO ABAL
CURTA DO CLUB AUDIOVISUAL , DIRIXIDA E EDITADA POR PATRICIA FERNANDEZ
CURTA DE 4 DA ESO, GUIÓN EDICIÓN E DIRECCIÓN DE GABRIELA