Conclusión
O alumnado repartirase en grupos de 3 para xogar; isto fomentará a colaboración e a relación entre eles. Ademais, dentro de cada grupo, os membros teñen que acordar as respostas no menor tempo posible.
O grupo que máis respostas acade será o gañador.
Este xogo, polo xeral gústalles moito, pois permítelles manexar o móbil nas aulas e, ademais, fomenta a participación de todos/as.